Tag Archives: vampiros

1, 2, 3… splash!


Non é que vaia falar de sereas precisamente, pero si de piscinas. Desas nosas amigas azuladas e domesticadas, cubertas de azulexos, expresión dunha vida acomodada e que de vez en cando nos permiten esceas de horror con bastante xogo. A auga en formas naturais é moi fácil de usar como elemento perturbador, o propio océano […]

É Hannibal Lecter o novo Drácula?


Esta non é unha pregunta tan simple como para plantexarse en base á súa preferencia alimenticia, non, hai certos matices que é preciso ir debullando… Deixando á marxe a fantasía mítico-relixiosa que rodea o mundo vampírico podemos atopar uns cantos parecidos máis que razoables entre ambas figuras. Os dous se atopan clasificados nun colectivo -vampiros o […]

O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY


Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co “Jr.” despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, […]

Grandes… ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi


Haberá quen diga “Bela de primeiro?” e eu digo “pois si”. Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple “eu xa ceei”. Pero non, […]

And my heart goes to… Being Human


> Como superar un ataque no que “sobreviviches” pero outro morreu e que te deixou cunha pegada que te persegue e está en ti todo o tempo? Como superar ter unha existencia feliz e morrer dun estúpido accidente doméstico caendo polas escaleiras? Como superar unha historia tan longa que dá para ter feito moito mal, […]

Cazadores, monstros, clásicos… mix it all!!


Seguindo coa cuestión dos clásicos e monstros, desta vou prestarlles atención ós vampiros. Debía estar especialmente emocionada pero non, porque aínda non lin ningún dos libros que vos vou mostrar pero hai algún ó que xa se lle ve a pinta perralleira, que realmente non me parece que poida estar á altura dos customizados con […]

Milagre! milagre!


Os milagres existen, e tanto que si. Chegan cando parece que todo vai mal, que xa nin os esperabas, que só podías recorrer á nostalxia da súa ausencia. Aparecen, relampagueando e apagando luces, soplando velas e batendo fiestras, movendo cortinas e chirriando madeiras. E o milagre que renace da cinza que algún acólito roubou e […]

Non todo o monte vai ser ourego…


Daybreakers Non podo recomendala. É bastante maliña. Trata de que dentro de 10 anos no mundo gobernarán os vampiros e empezarán a ter problemas porque aínda non conseguiron desenvolver un sustitutivo do sangue e cada vez hai menos humanos dos que se alimentar. A fame fai que os vampiros (sic) evolucionen a uns “infraseres” ós […]

Remata a terceira de True Blood


AVISO DE SPOILER: Non ler se inda non se viu a serie ata o penúltimo capítulo da terceira. Estou moi contenta con esta seriaza, do milloriño que se pode ver xunto con Being Human. Os libros non os sigo así que non podo cotexar, só lin o primeiro (Muerto hasta el anochecer, de Charlaine Harris) […]

Introdución práctica ó zombismo, parte 1ª.


Hai unhas semanas acabei de ler Lazarillo Z. Matar zombis nunca fue pan comido e bufffffff, a ver por onde comezo… Supoño que existe xente que non entende ou coñece todo este asunto Z (zombie) e que, independientemente de que queiran ou non, é a miña obriga moral ilustrar ás persoas ignorantes para que saiban a […]

Unha boa serie de vampiros: True Blood


> True Blood é do mellor que se pode ver agora, unha serie de 10. Está ben feita por todos lados moi estética, ben escrita, ben interpretada,… Xa remataron a 1ª tempada e no verán creo que estrean a 2ª, non podo esperar (aaaahhh!) pero que remedio queda, esperarei o que faga falta pero que […]