Eu querer quería facer un post describindo as marabillas de Todo tranquilo en Dunwich. Porque esta xente, e cando digo esta xente refírome a Érica Couto e José Luis Forte, deciden poñerse a gravar conversas sobre os seus favoritos do horror sen ter en conta as consecuencias. Debía ir o podcast cun carteliño moi grande […]


“I am the Dark Lord of nightmares, the bringer of terror… Tremble before me! Fear me!“ Gachnar Non só os políticos e as relixións se alimentan do noso medo, no mundo da fantasía temos unha manchea de seres que dependen del para sobrevivir ou, cando menos, para seguir atormentando. Imos aló: Na serie Heroes hai […]


Non é que vaia falar de sereas precisamente, pero si de piscinas. Desas nosas amigas azuladas e domesticadas, cubertas de azulexos, expresión dunha vida acomodada e que de vez en cando nos permiten esceas de horror con bastante xogo. A auga en formas naturais é moi fácil de usar como elemento perturbador, o propio océano […]


“Hai unha vila na costa na que antes os vellos contaban historias sobre o nordés e as desgrazas que este desencadeaba. Coma se fose unha castración, deixaron de facelo cando unha noite que sopraba apareceu un cativo de seis anos pendurado na trabe da igrexa. Desde ese día non se volveu falar do neno, coma se non […]


Si, outra vez falando de Hannibal, que lle imos facer? Non teño remedio! Bedelia du Maurier é ese ser marabilloso polo que debemos dar grazas a Bryan Fuller, xa que non aparece en ningunha das novelas, non foi creación de Thomas Harris. É unha secundaria de luxo, que fala coma un murmurio e que nos […]


“Lizzie Borden took an axe gave her mother forty whacks when she saw what she had done gave her father forty one.“ (Lizzie Borden colleu unha machada deulle á súa nai corenta machadazos cando viu o que fixera deulle ao seu pai corenta e un.) Non era a súa nai, senón a muller coa que […]


Dentro de duas semaniñas haberá eleccións locais, e acordeime deste relato que escribín hai uns anos e gañou o certame literario de ames, podedes descargalo de balde aquí e botarlle un ollo. Titúlase “O alcalde e a morte” e está na páxina 55. Aínda me río nalgunha parte cando lle boto un ollo, espero que […]


O terceiro libro de Thomas Harris sobre a serie do noso siquiatra caníbal preferido ten máis mal dentro do que xa se espera a priori, de aí o aviso para aqueles con especial preocupación polo tema do maltrato animal. Como xa sabemos, Harris elabora as personaxes adxacentes cunha meticulosidade que ben daban algunhas para facer […]


American Horror Story é unha serie requeterecomendable da FX que, á marxe de que é algo moderna, sabe a clásico. Non sei se polos temas e personaxes que reproduce, se pola luz… pero sábeme así, a viño quente especiado. A non querer deixala ir. Cómpre dicir que cada temporada é independiente das demais, seguindo un […]


Aí atrás rematei, con gran pesar, o segundo libro da serie de Hannibal Lecter, O silencio dos cordeiros de Thomas Harris e quería comentar algunhas impresións. [Aconsellado ler escoitando as Variacións Goldberg de Bach por Glenn Gould] Á marxe de que a escrita accesible e o atractivo da trama sexan elementos que fan que obras […]


Penny dreadful sumouse a ese carro de producións que meten na cocteleira bechos clásicos e os axitan a ver que sae. Estou empezando a cansarme deste tipo de obras que, polo xeral, creatividade teñen máis ben pouca. Que se aquí meto un vampiro, aquí un licántropo, agora póñoos a foder e algo de desamor, en fin… Tampouco […]


Tiña pensado escribir sobre un peculiar museo que descubrín hai pouco pero, como Hannibal me ocupa o pensamento, pasóuseme por alto ata que onte, na presentación de Tebras na Alma, saiu nunha conversa. Pois ben, o lugar do que quero falar é o Museo Lara, en Ronda (Málaga), abrigádevos ben para subir ao alto, porque […]


Esta non é unha pregunta tan simple como para plantexarse en base á súa preferencia alimenticia, non, hai certos matices que é preciso ir debullando… Deixando á marxe a fantasía mítico-relixiosa que rodea o mundo vampírico podemos atopar uns cantos parecidos máis que razoables entre ambas figuras. Os dous se atopan clasificados nun colectivo -vampiros o […]


Algúns de vos xa sabiades que levabamos un tempo preparando un libro de relatos de diferentes autores,  todos eles acompañados dunha ilustración e centrados no xénero de horror. A idea era facer unha homenaxe ás historietas de Tales from the Crypt (e similares) e o resultado foi óptimo.  O equipo de traballo foi un total […]


Cando fixen o cuarto pedido do supermercado, dous pedidos despois de estar abastecida para uns tres anos, comecei a sentir que me apetecía volver a falar con alguén. Conversas de cola da caixa, do semáforo ou do ascensor, tanto me tiña. Só iso. Sabía o perigoso que esa necesidade era. Se espertaba a necesidade de […]

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.