Tag Archives: Contos Estraños

Contos Estraños é para sempre


Que riquiña é a xente de Contos Estraños! Esta semana dedicáronme esta bonita postal e non collo no cacho. Se lles seguides o perfil do facebook podedes ver as foto-citas dos autores que xa saíron e as dos que sairán. E vendo estas imaxes non podo evitar pensar: “Ai, que mozos eramos! Mais agora sabemos […]

Contos estraños… Nadal impío


Que non vos engane o marketing nin a lambonada, o Nadal só pode ser impío. É necesario que o sexa. Por iso Contos Estraños vos quere iluminar cun exemplar de homenaxe a esas datas tan noxentamente entrañables (entrañable vén de entraña =víscera). E ademáis vai haber un relatiño da miña autoría no seu interior, chamado “Benqueridos […]

O meu debut aracnófilo en Contos Estraños


Só podo dicir cousas extremas e bonitas respecto á miña recente incorporación ó grupo de colaboradores de Contos Estraños. Resulta que me aceptaron un relato para sair publicado no número 2 da revista , dedicado a Tolkien e á fantasía épica, aínda que o meu non ten nada de épico, senón de terror: con meniñas, persoas malas […]

Cambiamos de look


Quedou bonito, eh?? Pois este fermoso logo co que renovamos a apariencia da páxina é da autoría dun dos deseñadores gráficos máis majete e creativo de todo o mundo mundial, conocido como José María Picón. E podedes seguilo na súa páxina web pinchando aquí. Non sería raro que vos fose algo familiar ese nome porque […]

Contos Estraños, número 0.


Aí atrás puiden ir -de feito, fomos toda a plantilla de NDW- á presentación do proxecto editorial Contos Estraños, onde se lanzaba o seu número 0, unha compilación de contos en galego. Non todo son relatos curtos, tamén ten cabida a tradución, a novela por entregas e a ilustración. E, como o interesante é darlle […]

Contos estraños


Por fin aparece unha nova publicación de xénero (que emoción!) e buscan autoras e autores para escribir e ilustrar esta futura xoia do universo grotesco literario galaico. Vaise chamar “Contos estraños” e podedes contactar aquí e xa de paso vos rexistrades en Redelibros (a rede social galega do libro, que estades tardando…)