Contos Estraños, número 0.


Aí atrás puiden ir -de feito, fomos toda a plantilla de NDW- á presentación do proxecto editorial Contos Estraños, onde se lanzaba o seu número 0, unha compilación de contos en galego. Non todo son relatos curtos, tamén ten cabida a tradución, a novela por entregas e a ilustración. E, como o interesante é darlle toda a vida posible a este soño steampulp feito realidade, calquera persoa interesada en participar na publicación pode poñerse en contacto escribíndolles aquí, de todos modos é recomendable que lle botedes antes un ollo ó blog.

A portada é deseño de José María Picón, e é moi pero que moi bonita!!!! Podedes ve-lo seu traballo aquí e aquí.

A maquetación quedou moi lograda, encántame o texto a duas columnas!! e a revista ten o tamaño e textura axeitados, todo un acerto. As fotos que escolleron de Enric Martínez para separar as seccións tamén van malladas, o único que lle cambiaría sería poñer sempre unha páxina en branco antes de cada sección ou relato, que desta vez nalgúns casos vai e noutros non -como cadrase segundo a lonxitude do texto anterior.

E para que vos vaian soando os relatos e autores… “O Ollo do Corvo” de Xosé Duncan, “A Morte Branca” de Manuel Angel Gayoso, “O Tarzán da Mella” de David Botana, “O Home e a súa Lágrima” de Santiago Bergantinhos, “O último minuto” de Manuel González, “A Ardua Vida dun Non-Morto” de Fernando Pérez, “As penas de Leopoldo Quintás” de Roberto A. Rodrigues, “Erro 404” de Manuel Castiñeiras. En novela por entregas “Primeiros” de Fabián Plaza e “Dark” de Ernesto Diéguez. No apartado de tradución “Deuses do Norte” de Robert E. Howard.

E o número seguinte vai estar adicado ó  grandísimo mestre do escuro Howard Philips Lovecraft!!

Por outra banda, se tedes criaturas pequenas, ou coñecidos que as teñan, e queredes ir adentrándoos no mundo do estraño ides poder ler tamén Contos estraños para nenos frikis, e en breve xa poderedes disfrutar de Apalpador Vs Papá Noel , moi acaído para estas retorcidas datas que se aproximan inexorablemente.

E xa para rematar, quero insistir no moito que me entusiasma que unha idea coma esta saise adiante. O fantástico -e que vou dicir do terror!?- está cheo das súas mellores obras en formato curto e a súa forma orixinaria de publicación era exactamente en revistas así que non teño palabras abondo de agradecemento para que abriran este oco que nos faltaba dentro do panorama literario galego. Só me queda desexarlle a Contos Estraños unha longa e fértil traxectoria e ó resto instigarvos a que a leades, merquedes e difundades!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: