Tag Archives: arte

Contos estraños… Nadal impío


Que non vos engane o marketing nin a lambonada, o Nadal só pode ser impío. É necesario que o sexa. Por iso Contos Estraños vos quere iluminar cun exemplar de homenaxe a esas datas tan noxentamente entrañables (entrañable vén de entraña =víscera). E ademáis vai haber un relatiño da miña autoría no seu interior, chamado “Benqueridos […]

Mortos que regresan, The Walking Dead


Lembro que a primeira vez que vin os debuxos do comic de The Walking Dead non me gustaron e non quixen lelos.  E antes de que estrearan a serie en España, por internet estaban en todas partes falando dela, das súas marabillas e eu pensaba “vaia campaña de marketing abusiva que están a facer” porque […]

O meu debut aracnófilo en Contos Estraños


Só podo dicir cousas extremas e bonitas respecto á miña recente incorporación ó grupo de colaboradores de Contos Estraños. Resulta que me aceptaron un relato para sair publicado no número 2 da revista , dedicado a Tolkien e á fantasía épica, aínda que o meu non ten nada de épico, senón de terror: con meniñas, persoas malas […]

O horror Báthory


Se Erzsébeth Báthory fose un personaxe literario de ficción sen dúbida algunha figuraría entre os máis grandes iconos da galería do terror, que por algo lle chaman a Condesa Drácula. Pero o caso é que non o é, a Condesa existiu, é un deses casos nos que a realidade atroz supera a calquera enrevesada historia […]

De misterios, zombis e remakes…


Alguén lembrará seguro esta serie, a min daquela fascinábame a idea de partida, unha tenda plagada de obxetos con poderes!! serie que aquí se coñece como Misterio para 3 (pode verse algún capítulo en series yonkis). Aí na foto tedes ós 3 do misterio, os dous mozuelos herdeiros dun tío que non coñeceron -e que […]

Remata a terceira de True Blood


AVISO DE SPOILER: Non ler se inda non se viu a serie ata o penúltimo capítulo da terceira. Estou moi contenta con esta seriaza, do milloriño que se pode ver xunto con Being Human. Os libros non os sigo así que non podo cotexar, só lin o primeiro (Muerto hasta el anochecer, de Charlaine Harris) […]

Máis zombis, desta vez en serie: Dead Set


¿Que pasa se durante a edición de Big Brother se produce unha plaga zombi? O argumento así dito pode parecer que ten que sair algo moi perralleiro, pero non é o caso. Dead Set é brillante. Son só 5 capítulos que quedan tan redondiños e tan ben cosido todo que dá gusto. É unha produción […]

>2ª fornada de vilariño e ATENCIÓN: 1º concurso "never drink"


> non puiden resistirme e teño que colgalas, son tan …. (a ver quen me di unha soa palabra e que resuma o que son estas fotos, tedes un pequeno -pero bonito e siniestro- premio de regalo para a palabra que máis me guste) e buscando as imaxes tamén atopei esta dun esquelete (honremos a […]

>Paxariños mortos, pelis, fotos


> Aí atrás vin unha camiseta dunha marca chamada Atticus co logo ben en grande, era un paxaro morto coas patas para arriba que me lembrou outra cousa: o logo do selo discográfico -que se chamaba Death Records- que aparece na peli Phantom of the Paradise (Brian de Palma, 1974). Si, xa sei que De Palma […]