Contos estraños… Nadal impío


Que non vos engane o marketing nin a lambonada, o Nadal só pode ser impío. É necesario que o sexa. Por iso Contos Estraños vos quere iluminar cun exemplar de homenaxe a esas datas tan noxentamente entrañables (entrañable vén de entraña =víscera). E ademáis vai haber un relatiño da miña autoría no seu interior, chamado “Benqueridos Reis Magos” .

Xa imos polo número 4 de Contos Estraños (vai facéndose maior a nosa nena) e presentarase no Culturgal,  no salón o sábado 1 de decembro ás 18h, podedes ver o evento en facebook. Alí estaremos gran parte da chusma e fauna friki de Galicia para que teñades ocasión de preguntarnos o porque desta depravación.

Os compañeiros que escribirán neste número 4 son Xosé Duncan, Manuel Gayoso, Fabián Plaza, Roberto A. Rodrigues, Manuel Moledo, Francisco Fontenla, Tomás González Ahola, David Botana e Santiago Bergantinhos. E ilustrarán, entre outros, Griall, Zalo Sanjurjo e o gran José María Picón, que será o portadista, que é tamén o autor do marabilloso logo deste blog.

Nesta ocasión tiven o inmenso placer de volver sufrir de Síndrome de Stendhal por culpa do inigualable José Luis Serrano, que lembraredes da brutal ilustración que fixera para acompañar “A estúpida existencia de Victoria Expósito” -espero, José Luis, que non haxa dous sen tres.

E aquí vos vai un petisco do relato…

Pero á marxe diso tamén comezaron a dicir cousas que non eran certas, a crear a lenda, a falar de min coma un ser de aspecto decrépito e enxoito, cheiro a xofre e coa pel engurrada e cuberta de espullas.”

… e a ilustración

E, pícaros e pícaras, lembrade que isto é unha moi pequena parte do pastel, o resto teredes que ir buscalo ó Culturgal se queredes quedar ben fartos, coma porquiños.

Advertisements

2 comentarios

  1. Penso que compartimos o mesmo “amor” por este mes tan surrealista e necesitado de escuridade para fuxir das cegadoras luces dos Centros Comerciais…. Felices Festas Maruxa!!!!

  2. Coido que despois de tantos séculos de enganos por parte da Igrexa Católica sería máis que saudabel amosarlle á sociedade que a meirande parte das celebracións relixosas cristiáns non son máis que enganos pra agorchar a verdadeira orixe pagán das mesmas… Mais cinguindome ó propio artigo gustaríame saber como adquirir eses exemplares de Contos Estraños xa que o Curtulgal chego un chisquiño tarde de máis e teño gañas de ficar farto coma un porquiño!! ;)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: