Tag Archives: literatura

Intranquila en Dunwich


Eu querer quería facer un post describindo as marabillas de Todo tranquilo en Dunwich. Porque esta xente, e cando digo esta xente refírome a Érica Couto e José Luis Forte, deciden poñerse a gravar conversas sobre os seus favoritos do horror sen ter en conta as consecuencias. Debía ir o podcast cun carteliño moi grande […]

É Hannibal Lecter o novo Drácula?


Esta non é unha pregunta tan simple como para plantexarse en base á súa preferencia alimenticia, non, hai certos matices que é preciso ir debullando… Deixando á marxe a fantasía mítico-relixiosa que rodea o mundo vampírico podemos atopar uns cantos parecidos máis que razoables entre ambas figuras. Os dous se atopan clasificados nun colectivo -vampiros o […]

Contos estraños… Nadal impío


Que non vos engane o marketing nin a lambonada, o Nadal só pode ser impío. É necesario que o sexa. Por iso Contos Estraños vos quere iluminar cun exemplar de homenaxe a esas datas tan noxentamente entrañables (entrañable vén de entraña =víscera). E ademáis vai haber un relatiño da miña autoría no seu interior, chamado “Benqueridos […]

Mortos que regresan, The Walking Dead


Lembro que a primeira vez que vin os debuxos do comic de The Walking Dead non me gustaron e non quixen lelos.  E antes de que estrearan a serie en España, por internet estaban en todas partes falando dela, das súas marabillas e eu pensaba “vaia campaña de marketing abusiva que están a facer” porque […]

Poe tamén é para o verán


Nesta época de apatía fatídica obsérvannos desde cada recanto a calor, a sede, os affaires inesperados, o bochorno das tormentas e ducias de libros pendentes que -solemnes- agardan á marxe no andel mentras nos somerxemos nun declive de sustancias varias pegañentas e daninas. Nesta fusión de caída e fuxida cara adiante debemos parar, en pé, no centro da […]

O meu debut aracnófilo en Contos Estraños


Só podo dicir cousas extremas e bonitas respecto á miña recente incorporación ó grupo de colaboradores de Contos Estraños. Resulta que me aceptaron un relato para sair publicado no número 2 da revista , dedicado a Tolkien e á fantasía épica, aínda que o meu non ten nada de épico, senón de terror: con meniñas, persoas malas […]

O horror Báthory


Se Erzsébeth Báthory fose un personaxe literario de ficción sen dúbida algunha figuraría entre os máis grandes iconos da galería do terror, que por algo lle chaman a Condesa Drácula. Pero o caso é que non o é, a Condesa existiu, é un deses casos nos que a realidade atroz supera a calquera enrevesada historia […]

Contos Estraños, número 0.


Aí atrás puiden ir -de feito, fomos toda a plantilla de NDW- á presentación do proxecto editorial Contos Estraños, onde se lanzaba o seu número 0, unha compilación de contos en galego. Non todo son relatos curtos, tamén ten cabida a tradución, a novela por entregas e a ilustración. E, como o interesante é darlle […]

Longa vida ó recluso de Providence


Regreso, como boa animala noctámbula, do meu cautiverio involuntario nas tebras para contarvos que é o que se move por alí, ou máis ben o que se move na miña cabeza escura. Hai uns días rematei de ler un libro que atopei no andel dunha biblioteca e gustoume moito.  Deste homiño, Michel Houellebecq, non lera nada, aínda […]

Palabras que modifican nuestro metabolismo; El terror en la literatura, H.P. Lovecraft.


Estou lendo a Lovecraft, o seu ensaio sobre a literatura de terror. Algo pasa con el que se fai insoportable, que hai que parar de ler nalgúns momentos -polo menos eu. Que non coñezo aínda, en ningún idioma dos que sei, palabras coas que describir a miña impresión. Pero podo dicir que é grata -un […]

Libros del Zorro Rojo e Poe


Houbo tempos anteriores, moito mellores nalgúns sentidos. Nostálxica, si, melancólica, tamén -se queredes-, e romántica, ausente e esquiva deste momento miserable pero nada decadente -xa que parece que imos a máis, sen saber ata onde ou cando ou canto- que nos tocou vivir. Se tivese un super poder, un don para escoller,… traía aquí de […]