In the beginning there was death


Nunca vos pasou iso de pensar que nos fai falla máis dunha vida para poder ler e viaxar e facer todo o que non imos poder facer nesta por falta de tempo? Claro que si! Necesitamos varias vidas! A serie da BBC “Intruders” ten como argumento o que acontece cando unha elite de persoas coñece o segredo para poder revivir, unha e outra vez, en diferentes corpos. Interesante, eh? Este selecto grupo, que se percibe coma unha mestura entre seita e mafia, son chamados os Qui reverti, e é clave que permanezan descoñecidos para que non se estraguen os seus plans de eterna rexeneración.

Todo isto da inmortalidade pode cheirar a fantasía, que o é, mais a serie está tratada visualmente de forma que o fantástico non se percibe, queda coma soterrado e só sabemos dos feitos paranormais porque nos son relatados nos diálogos. Así que non esperedes ver luces brillantes, auras ou néboas de cores, porque o que atoparedes serán, máis ben, crimes cruentos e situacións bastante estrañas de confrontación coa realidade que cremos coñecer.

No mundo que nos presentan todos tivemos vidas anteriores (almas ou personalidades poderiamos dicir) e están nun estado de letargo que pode durar toda a vida sen que percibamos nada. Pero, se unha destas “almas” pertence a un Qui reverti, este vai ser consciente do que está pasando e querer volver, para iso necesita librarse do habitante do corpo levándoo ao suicidio. Ademais, os Qui reverti están organizados e contan con uns guía-pastores que os axudan a espertar no momento acordado a través duns obxetos que funcionan como disparadores da alma que está durmida e teñen uns libros con indicacións de a onde deben acudir.

Si que é certo que en Intruders botan man de tópicos para xogar coas filtracións da personalidade que está durmida, cousas coma falar idiomas descoñecidos ou saber tocar un instrumento sen telo feito antes. Pero saben facelo ben, son recursos que vimos innumerables veces e aínda así conseguen que non resulte cutre. O xogo do doppelgänger é un tema recurrente na mitoloxía do horror e totalmente fascinante. Aquí as loitas interiores máis bonitas van estar protagonizadas por Mira Sorvino e por Millie Bobby Brown. Si, líchedes ben, “Eleven” de Stranger Things xa andaba aquí facendo das súas e a súa interpretación é brutal -nun sentido literal- xa que o seu corpo de nena de nove anos acolle a personalidade dun asasino en serie chamado Marcus.

Por suposto, vanse dar moitos conflitos, que senón a serie non tería “chicha”, por decir algúns: os Qui reverti non son todos tan ben levados como pode parecer, hai fans das conspiracións que os queren expoñer, hai máquinas que os poden facer visibles, pastores que van por libre e maridos ex-policía que están dispostos a descubrir por qué foron abandonados de forma misteriosa.

Lástima que a cancelaran e só teñamos unha tempada. Aquí vos queda o tráiler. E lembrade que “What goes around… comes around” ou o que é o mesmo “Quen sementa ventos recolle tempestades”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: