Día de defuntos


Naquela casa morrera un rapaz atrapado nun incendio. Non puideran sacalo a tempo e desde fora escoitábaselle cantar, sabendo que chegara a fin. Transmitía unha paz macabra. Os bombeiros apuraban a extinción desesperados cando deixaron de escoitar a súa voz. Máis tarde, atoparían o corpo inerte.

Anos despois, Clara fora vivir a aquela mesma vivenda e, cada noite, escoitaba a melodía do moribundo. Soaba enorme, coma se tivese toda unha orquestra tocando no cuarto. Ela cubría a cabeza coa almofada, intentaba afogar a canción da morte, pero era en van. Polas mañás espertaba fatigada e polas noites medraba no seu peito o temor á escuridade e ao escuro son. Que era? Que quería aquela ánima?

Chegou o día de defuntos e a moza Clara semellaba estar entre dous mundos, cabeza e espírito deambulaban pola terra coma se xa pertencesen a outro lugar. Escoitou a música e, finalmente, ela tamén cantou.

One comment

  1. Que ben poder lerte outra vez!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: