O meu debut aracnófilo en Contos Estraños


Só podo dicir cousas extremas e bonitas respecto á miña recente incorporación ó grupo de colaboradores de Contos Estraños. Resulta que me aceptaron un relato para sair publicado no número 2 da revista , dedicado a Tolkien e á fantasía épica, aínda que o meu non ten nada de épico, senón de terror: con meniñas, persoas malas e arañas. Titúlase “A estúpida existencia de Victoria Expósito“.

Levo seguindo a actividade da editorial desde que naceu o proxecto porque ter en Galicia un producto desta calidade e destas características é algo máis ca un soño feito realidade, é algo que moitas persoas perturbadas coma min estabamos agardando  sen ter realmente moita fe en que chegase a pasar.

A Editorial Contos Estraños, e mais especialmente a publicación trimestral Contos Estraños Pulp, apareceu nas nosas vidas coma un mesías do xénero da fantasía, o xénero de tódalas relixións. E a devoción abrollou de tódalas partes, de embaixo de cada marco das nosas leiras e do escuro e último abismo da nosa costa, ese que emite unha impía chamada.

Como é unha publicación trimestral, ata o de agora só se publicaron os números 0, 1 e 2,  e o seu éxito foi rotundo, así na acollida do público coma nos comentarios da crítica literaria. Tanto o nivel dos textos coma o das ilustracións é moi bo e cónstame que son cada vez máis os autores de fantasía que saen do armario e se ofrecen para colaborar nesta fabulosa aventura. E iso é, certamente, unha das cousas máis bonitas que a día de hoxe nos aportou Contos Estraños, o feito de que en cada evento que realizan acaba producíndose un encontro entre persoas con intereses comúns, seres que acabamos xuntándonos e intercambiando opinións e incluso plantexándonos colaboracións. Iso é moi motivador.

Sen desmerecer en absoluto a parte literaria véxome na obriga de salientar o gran nivel dos ilustradores participantes. É todo un luxo poder colaborar con xente da talla de Iván Valladares, ilustrador de Basilius Hoffman, dos que foron portadistas -por orde cronolóxica- José María Picón, tamén autor do logo deste blog, Guillermo de la Peña e José Luis Serrano. A este último estou moi agradecida porque fixo a ilustración para o meu relato “A estúpida existencia de Victoria Expósito” e o resultado foi moi arrepiante. Aquí vos vai unha pequena entradiña para que vos animades a ler o relato…

“Hai algo que calquera persoa aracnofóbica sabe: se intentas matar unha araña e sobrevive a situación posterior terá un perigo moito maior.”

 E a soberbia imaxe que o acompaña…

Só me queda agradecerlle moi efusivamente ó autor David Botana a bio que foi tan xeneroso de escribirme e coa que me sentín tan identificada, a Fernando Cimadevila o terme seleccionado o relato, a Roberto A. Rodrigues e David Botana -outra vez- por terme axudado coas súas críticas na revisión do texto e a todas as arañas do mundo que me asustaron desde que podo lembrar.

Advertisements

2 comentarios

  1. e nos seguirán asustando…… ;)
    noraboa e bicos!

  2. […] José Luis Serrano, que lembraredes da brutal ilustración que fixera para acompañar “A estúpida existencia de Victoria Expósito” -espero, José Luis, que non haxa dous sen […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: