Category Colleita propia

Día de defuntos


Naquela casa morrera un rapaz atrapado nun incendio. Non puideran sacalo a tempo e desde fora escoitábaselle cantar, sabendo que chegara a fin. Transmitía unha paz macabra. Os bombeiros apuraban a extinción desesperados cando deixaron de escoitar a súa voz. Máis tarde, atoparían o corpo inerte. Anos despois, Clara fora vivir a aquela mesma vivenda […]

Contos das rías.


“Hai unha vila na costa na que antes os vellos contaban historias sobre o nordés e as desgrazas que este desencadeaba. Coma se fose unha castración, deixaron de facelo cando unha noite que sopraba apareceu un cativo de seis anos pendurado na trabe da igrexa. Desde ese día non se volveu falar do neno, coma se non […]

Licenciada en… (4ª de 4 partes)


Cando fixen o cuarto pedido do supermercado, dous pedidos despois de estar abastecida para uns tres anos, comecei a sentir que me apetecía volver a falar con alguén. Conversas de cola da caixa, do semáforo ou do ascensor, tanto me tiña. Só iso. Sabía o perigoso que esa necesidade era. Se espertaba a necesidade de […]

Licenciada en… (3ª de 4 partes)


Na primeira planta, no terceiro cuarto á esquerda, na cama alta con baldaquino de madeira de cerdeira torneada imitando fémures e entre sabas de seda cor azul supermán (1), deixamos constancia da privada inauguración da miña nova casa. O meu novo fogar. Un espazo no que podería deixar os meus instintos sádicos correr libres. Un […]

Licenciada en… (2ª de 4 partes)


O proxecto da reforma faime moita ilusión. Sempre quixen reformar unha casa e meterlle todo tipo de trangalladas, corredores ocultos, trucos, trampas mortais,… Facer que todo o inmoble cumpla coa miña vontade e, polo tanto, calquera que entre terá que xogar coas miñas reglas e facer o que eu diga. A idea non era coma […]

Licenciada en… (1ª de 4 partes)


Tantos anos de estudo, esperas na fotocopiadora, cortes co papel, café verquido e roupa manchada. Noites sen sair de troula, tardes de reenganche e rostros decadentes e envellecidos antes de tempo. Intemperie, insomnio, frío, macarróns con atún do supermercado máis barato e, ás veces, con sorte, tuppers moi suxos acumulados no fregadeiro. Foron tantos anos […]

Oso de felpa e baño


O oso de felpa non cabía na bañeira. Intentouno de tódalas maneiras posibles. Cortándolle os brazos, as pernas, parte do avultado ventre e, incluso, as orellas e o nariz. Resultaba algo noxento como as partes cortadas flotaban sobre a auga ensanguentada. Tiña que bañarse. Era martes. E non quería.

O manto encarnado


O outono pasado, das pólas da árbore máis próxima á fonte do xardín caían uns vermes de cor vermella escura. Foron facendo moreas na cunca da fonte e tinguindo a cor da auga. Cando chegou o verán e volveu o dono da casa non atopou a árbore, nin a fonte, nin a casa. Había roseiras […]