Tag Archives: cine

Vísceras para todos ou Ash Vs Evil Dead


Debo recoñecer que tardei en vela porque todo o mundo falaba de que botaba moito por fóra en cuestión de sangue e tripas, e é certo, carnicería ten toda a que queirades. Aínda así non se fai desagradable no sentido de quitar a fame ou revolver o corpo nin ter pesadelos. Máis ben o que […]

1, 2, 3… splash!


Non é que vaia falar de sereas precisamente, pero si de piscinas. Desas nosas amigas azuladas e domesticadas, cubertas de azulexos, expresión dunha vida acomodada e que de vez en cando nos permiten esceas de horror con bastante xogo. A auga en formas naturais é moi fácil de usar como elemento perturbador, o propio océano […]

É Hannibal Lecter o novo Drácula?


Esta non é unha pregunta tan simple como para plantexarse en base á súa preferencia alimenticia, non, hai certos matices que é preciso ir debullando… Deixando á marxe a fantasía mítico-relixiosa que rodea o mundo vampírico podemos atopar uns cantos parecidos máis que razoables entre ambas figuras. Os dous se atopan clasificados nun colectivo -vampiros o […]

Onde ata as estrelas morren


Séculos que levaba con este filme pendente de ver e foi nun casual que a deron na galega. Falo de I walked with a zombie. Para quen non a coñeza, peli dirixida por Jacques Tourneur no 43, xusto un ano despois da Muller Pantera –Cat People. Xunto con White Zombie formaron as orixes do cine de […]

Poe tamén é para o verán


Nesta época de apatía fatídica obsérvannos desde cada recanto a calor, a sede, os affaires inesperados, o bochorno das tormentas e ducias de libros pendentes que -solemnes- agardan á marxe no andel mentras nos somerxemos nun declive de sustancias varias pegañentas e daninas. Nesta fusión de caída e fuxida cara adiante debemos parar, en pé, no centro da […]

O horror Báthory


Se Erzsébeth Báthory fose un personaxe literario de ficción sen dúbida algunha figuraría entre os máis grandes iconos da galería do terror, que por algo lle chaman a Condesa Drácula. Pero o caso é que non o é, a Condesa existiu, é un deses casos nos que a realidade atroz supera a calquera enrevesada historia […]

Ide ó cine ver Intruders (védea antes de seguir lendo que spoileo).


a páxina oficial Luns á noite, escollo terceira fila centro e, palomitas e coca cola en man, eu soa en toda a sala do cine miro a última obra de Juan Carlos Fresnadillo. Xa lle tiña ganas. Lin -e non foi un acerto facelo antes de vela- un pequeno artigo no que citaban algúns dos […]

O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY


Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co “Jr.” despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, […]

Grandes… ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi


Haberá quen diga “Bela de primeiro?” e eu digo “pois si”. Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple “eu xa ceei”. Pero non, […]

Unha de serie B… Refugio Macabro


A Hammer está máis que ben pero non era a única que traballaba o noso terreo, tamén estaba a Amicus Films, que lle colleu prestado un pouquiño para esta peli ó noso queridérrimo Peter Cushing, que non quita que valoremos -pero sen adoración- as aparicións dos novísimos Robert Powell e Charlotte Rampling. Peli do 1972, […]

Zombieland


Un par de cousas sobre unha peli que todo o mundo pon polas nubes: Zombieland. A peli gustoume, estar está moi ben feita, ben interpretada, riste, bos efectos, cadencia, a música está xenialmente colocada, a acción encaixada como lle toca,… para que nos imos enganar? que pegas lle vou poñer? pois unha ben grande -como […]

De misterios, zombis e remakes…


Alguén lembrará seguro esta serie, a min daquela fascinábame a idea de partida, unha tenda plagada de obxetos con poderes!! serie que aquí se coñece como Misterio para 3 (pode verse algún capítulo en series yonkis). Aí na foto tedes ós 3 do misterio, os dous mozuelos herdeiros dun tío que non coñeceron -e que […]

Milagre! milagre!


Os milagres existen, e tanto que si. Chegan cando parece que todo vai mal, que xa nin os esperabas, que só podías recorrer á nostalxia da súa ausencia. Aparecen, relampagueando e apagando luces, soplando velas e batendo fiestras, movendo cortinas e chirriando madeiras. E o milagre que renace da cinza que algún acólito roubou e […]

Non todo o monte vai ser ourego…


Daybreakers Non podo recomendala. É bastante maliña. Trata de que dentro de 10 anos no mundo gobernarán os vampiros e empezarán a ter problemas porque aínda non conseguiron desenvolver un sustitutivo do sangue e cada vez hai menos humanos dos que se alimentar. A fame fai que os vampiros (sic) evolucionen a uns “infraseres” ós […]

Introdución práctica ó zombismo, parte 1ª.


Hai unhas semanas acabei de ler Lazarillo Z. Matar zombis nunca fue pan comido e bufffffff, a ver por onde comezo… Supoño que existe xente que non entende ou coñece todo este asunto Z (zombie) e que, independientemente de que queiran ou non, é a miña obriga moral ilustrar ás persoas ignorantes para que saiban a […]