Deste medo non comerás.


I am the Dark Lord of nightmares, the bringer of terror… Tremble before me! Fear me!

Gachnar

Non só os políticos e as relixións se alimentan do noso medo, no mundo da fantasía temos unha manchea de seres que dependen del para sobrevivir ou, cando menos, para seguir atormentando. Imos aló:

Na serie Heroes hai un individuo chamado Knox que se volve superforte cando ten preto xente pasando medo.

En Buffy, cazavampiros. Aparece un demo chamado Gachnar, que se alimenta dos medos da xente. Pasa no capítulo dezaseis da cuarta tempada, chamado “Fear, itself“.

Gachnar

buffy.wikia.com

Máis aló da Boca do Inferno que é Sunnydale, moito máis aló, no espazo exterior, abundan estes seres:

A Mara, en Doctor Who, será o quinto doutor o que a venza. Este ser malvado adoptará unha forma de serpe pero hai que ter en conta que baixo ese nome aparecen unha chea de seres malignos desde o budismo ata a mitoloxía eslava, con formas moi diversas, femeninas habitualmente, e relacionadas cos pesadelos e coa escuridade.

Tamén no Doctor Who aparecerá O Minotauro, no capítulo once da sexta tempada, co undécimo Doutor. Neste caso ATENCIÓN SPOILER descúbrese ao final do capítulo que realmente o Minotauro non se alimenta do medo senón da fe.

Redjac, de Star Trek, é un ser incorpóreo, un parasito que ocupa corpos para realizar asesinatos e alimentarse do medo das súas vítimas. Chega a dicirse que é Jack O Destripador.

Non podía faltar, It, do mestre Stephen King. Si, ese paiaso terrible chamado Pennywise  que interpretou Tim Curry e que nunca superaremos emocionalmente. Parece ser que lle gustaba dar arrepíos aos cativos porque era sinxelo (e aseguraba que a carne asustada sabía mellor).

I feed on fear; live on human hatred. I, a strong mind without flesh or blood – want your world!” É como se nos presenta “The beast with a million eyes” (1955). Película coproducida polo mestre Roger Corman cando aínda daba os seus primeiros pasos, na que se conta a historia doutro ser que tamén chega á Terra desde o espacio exterior e que pode posuír mentalmente os habitantes terrícolas e ver o mundo a través dos seus ollos.

bestmillioneyes

monstersinmotion.com

 

Pero con diferencia a que mellor feita está é Tingler (William Castle, 1959). Boa idea, boa execución, Vincent Price como protagonista e unha interacción en vivo nas salas de cine bastante alucinante. A idea principal é que cando se ten medo hai unha especie de parasito que medra en nós, enganchado ao lombo, e que podemos librarnos del berrando sen cancelas. No caso de non berrar o Tingler segue medrando (que pasa cando unha persoa é muda? comprobarédelo na peli).

Aquí podedes ver o vídeo que se emitía xusto antes da proxección para advertir a xente de como debían defenderse se o Tingler os atacaba.

Por se non era abondo, William Castle, que tiña unha ideas xeniais para trucos de marketing (gimmicks), decidiu empregar aquí un recurso ao que chamou “percepto“, que consistía en colocar nalgunhas das butacas uns dispositivos eléctricos (que foran rescatados da Segunda Guerra Mundial) que vibraran no lombo dos espectadores. Ademais hai unha escea na que o Tingler queda solto nunha sala de cine, as luces apáganse e Vincent Price avísalles de que berren para salvar a súa vida. Incluso había xente profesional contratada entre o público para berrar e finxir pánico. Brillante.

tingler_poster

horrorpedia.com

 

Ata a próxima! Botade cremita se saídes á luz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: