Ela, Bedelia.


Si, outra vez falando de Hannibal, que lle imos facer? Non teño remedio!

Bedelia du Maurier é ese ser marabilloso polo que debemos dar grazas a Bryan Fuller, xa que non aparece en ningunha das novelas, non foi creación de Thomas Harris. É unha secundaria de luxo, que fala coma un murmurio e que nos deixa tremendo durante días con só dicir unha frase como “I believe you“. Bedelia, encarnada por unha abrumadora Gillian Anderson (si, a de X-Files), é a siquiatra de Hannibal, con todo o que iso conleva. Aparece durante dúas tempadas nalgúns capítulos, de forma intermitente, desprazándose entre as sombras e case que facéndonos temer por ela. Logo chegaría a terceira tempada, a fatal e derradeira, e aí Bedelia vólvese, durante a estadía europea, nun eixo imprescindible, é unha incógnita un tanto turbia, que pasa a formar parte desa relación ambivalente que Hannibal mantén con aqueles que considera versións parciais súas a escala reducida. “A moza do monstro” dicían nalgunha publicidade. Sempre bromean.

Hannibal_season_3_promotional_poster

tvatemywardrobe.com

 

Sobre a orixe dese nome tan perfecto pódense contar algunhas das paixóns fílmicas de Fuller, coas que concordo ata o infinito. Bedelia é unha personaxe do filme Creepshow (George A. Romero, 1982), da historia “Father’s Day“, unha historia de amores, mortes e vinganzas. Fuller escolleu ese nome porque ademais ten unha gran sonoridade a antigo.

Logo da peli fíxose o cómic (escrito por Stephen King e debuxado por Bernie Wrightson), aquí podedes ver a Bedelia.

tumblr_n1dutbOtJf1re6ep9o2_500

horror-movie-fixx.tumblr

 

E o De Maurier, por suposto, dunha das nosas escritoras favoritas fetiche dun dos nosos mellores directores fetiche, o señor Alfred Hitchcock e a autora (de nome Daphne) da novela na que se baseou Rebeca e do relato no que se baseou Os paxaros. E coa señora De Maurier vos deixo, lede Rebeca se non o líchedes aínda, non vos arrepentiredes.

Author-Daphine-Du-Maurier-011

http://www.theguardian.com/commentisfree/2014/aug/20/rebecca-daphne-du-maurier-classic-literature

Deixar un comentario