Lizzie Borden


Lizzie_borden“Lizzie Borden took an axe

gave her mother forty whacks

when she saw what she had done

gave her father forty one.

(Lizzie Borden colleu unha machada

deulle á súa nai corenta machadazos

cando viu o que fixera

deulle ao seu pai corenta e un.)

Non era a súa nai, senón a muller coa que o seu pai casara despois de quedar viúvo. Eran unha familia acomodada economicamente pero nada ben levada e un día pasou o que pasou. Logo diso Lizzie foi xulgada e declarada inocente porque as probas e os avances da policía científica non permitían dar unha condena con seguridade. ATA AQUÍ tiña escrito o que ía poñer no post, pero tiven unha conversa que me fixo pensar e mudar o plantexamento. Cabe a posibilidade de que Lizzie non cometera os crimes dos que se lle acusa, e aínda así pasou á historia como asasina en serie, e así a atoparedes en calquera procura que fagades. Que tan lixeiramente se pode chegar a xulgar a alguén tendo como única información a que nos aportan os medios (que en absoluto participan no proceso libres de intereses). E tamén colabora todo ese conxunto de observadores que queren e necesitan culpables antes ca probas, e desexan furiosos unha historia de morbo, maldade e vísceras antes ca unha explicación fiel, non vaia ser un accidente ou un roubo insulso.

Por suposto que no crime de Fall River había crueldade, pero nunca se demostrou que fora ela a autora. Hoxe é lenda e o lugar do suceso transformouse nunha casa-museo-albergue, que conserva o máis intacto posible o aspecto orixinal. A visita guiada para adultos custa dezaoito dólares, hai xogo de pc tipo aventura gráfica e na tenda pódense adquirir recordos como un molde de cociña con forma de machada ou un imán para a neveira con foto orixinal dun dos cadáveres e escrita a lenda “eu durmín no albergue Lizzie Borden“. Todo cun humor bastante “fino” como podedes ver, para boa mostra as camisolas con sentenzas como “Quero a papi/mami ata a morte” ou “Todo o que precisaba aprender do manexo da ira o aprendín de Lizzie Borden“.

Para rematar, sabede que hai unha miniserie chamada The Lizzie Borden Chronicles (Lifetime, 2015) protagonizada por Christina Ricci. Se partimos da premisa da culpabilidade de Lizzie e de que é unha sicópata de manual, entón a serie está moi ben levada. A nivel estético moi aceptable, pero lonxe do preciosismo de Penny Dreadful e as interpretacións e o guión coidados. Recomendable se vos interesa o tema.

traduccións do inglés da miña man.

Lizzie na wikipedia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: