Hannibal, non apto para vexetarianos.


O terceiro libro de Thomas Harris sobre a serie do noso siquiatra caníbal preferido ten máis mal dentro do que xa se espera a priori, de aí o aviso para aqueles con especial preocupación polo tema do maltrato animal.

Como xa sabemos, Harris elabora as personaxes adxacentes cunha meticulosidade que ben daban algunhas para facer spin-offs. Unha destas figuras, particularmente depravada, é Mason Verger, o enxendro herdeiro dun imperio cárnico que foi criado por un pai nin mellor nin peor ca el. As súas estratexias  para a rendibilidade mercantil no sector do porquiño son bastante salvaxes e quebrarían a sensibilidade daquelas persoas que están en contra de métodos de cría e matanza bastante máis respectuosos e ortodoxos ca os que aquí se presentan. Eu, como galega nada vexetariana que exerce culto ao porco “honrando cada unha das súas partes” debo admitir que me irrita o que tal describen sobre os pobres cochos que se cruzaron no seu camiño.

Molson Verger adulteraba la comida de los cerdos con piensos fabricados a partir de las cerdas de los propios animales, plumas de pollo y estiércol en una medida insólita para aquella época. Muchos pensaron que era un soñador chiflado cuando en los años cuarenta suprimió el agua fresca a sus cerdos y la sustituyó por «licor de cloaca», un líquido elaborado con residuos fermentados de los animales, para acelerar el engorde. Las risas se helaron al ver cómo se multiplicaban sus beneficios, y sus competidores se apresuraron a imitarlo.

Hannibal, edición Grijalbo-Mondadori, 1999. Cap.15, páx 122.

Por outra banda, cando sae nalgunha conversa o tema da peli “Hannibal” de inmediato alguén lembra a cruenta escena dos sesos de Ray Liotta mais, por coidadosa elaboración, creo que lle gaña de lonxe (aínda que só se ve na serie, non na peli) a secuencia na que Hannibal somete a Verger á súa refinada vinganza de entretemento. Como bo gourmet, imaxino que Hannibal debe sentir un auténtico desprezo polo groseiro comportamento de Verger, polas súas aberracións innecesarias. E se tiveramos que valorar dalgún xeito a ética entre sicópatas, aquí o doutor estaría gañando un punto moi claro: Lecter non lastima nenos. Dentro da súa sociopatía atopamos esa especie de límite moral, co que nos gaña certa simpatía adicional. Esta non é única expresión dos seus principios, temos outro exemplo  cando ben di Barney que Hannibal prefire comer aos maleducados, “maleducados nun sentido amplo“.

Esta oposición moral que confronta a Lecter cos outros asasinos que se atopa tamén a vemos con Dolarhyde, que basicamente é un perdedor, alguén que non se realiza na súa vida e se proxecta facendo o mal, un frustrado. Despois está Jame Gumb, que está desorientado, ou busca sentirse así. En cambio, de Hannibal diriamos que é un tipo con boa autoestima, autorrealizado e recoñecido profesionalmente, con aficións que practica buscando o deleite estético, como son a cociña, o debuxo e a música. El non busca destruír a ninguén para consolidarse como persoa. El xa está completo. O que non quita que entre os seus “praceres” persoais inclúa os crimes máis espantosos, ademáis de outros que son simplemente estratéxicos. Hannibal é algo así coma un depredador con etiqueta. Atroz e, aínda así, fermoso.

Maldito sexas, Thomas Harris!! 1) Como podes facer que nos fascine semellante monstro? e 2) Eu quero o teu don!

Hanniba bodegon fanpoppuntocom

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: