Unha historia de horror americana


American Horror Story é unha serie requeterecomendable da FX que, á marxe de que é algo moderna, sabe a clásico. Non sei se polos temas e personaxes que reproduce, se pola luz… pero sábeme así, a viño quente especiado. A non querer deixala ir.

Ecran_Titre_d'American_Horror_Story

Cómpre dicir que cada temporada é independiente das demais, seguindo un esquema de miniserie (aínda que lin por aí adiante que están entrelazadas). E son parecidas pero distintas, hai para gustos. A primeira é Murder House, retomando o tan molón tema das casas encantadas. A segunda é Asylum, que vai dun manicomio. A terceira Coven, dun aquelarre; e a cuarta, tachán tachán… FREAK SHOW, que non fará falta que vos diga de que vai.

En todas toman como referencia un lugar e hai máis ou menos unha historia predominante, se ben teñen cabida en paralelo historias relacionadas pero distanciadas no tempo. Tamén gran parte do elenco protagonista repite dunha tempada a outra. E referente ao reparto, esta serie merece unha gran ovación por incorporar tal cantidade de actrices maiores, encántame! Soberbia Jessica Lange, moi boa Angela Basset, Frances Conroy (un agradable descubrimento para min) e gracias, gracias-oh-dios-mio! por traernos á gran Kathy Bates.

Unha cousa que me parece importante desta serie é que é de horror de verdade, nada de medias tintas, nin romanceo nin comedia, aquí pasan cousas malísimas. Visualmente e a nivel de ritmo non teño queixa ningunha, ten un estilo persoal propio que conserva dunha tempada a outra. Andan moi atinados na escolla da melodía macabra correspondente para crear ambientación. E o guión, algo que non pasa sempre, non perde por ningures; toda trama queda ben atada e nunca cae en desenlaces previsibles.

Non sabería decidir que tempada me gustou máis, cada unha ten as súas cousas. Pero esta cuarta empeza dando moi duro. Por se a alguén aínda lle gustan os paiasos, vai sendo hora de espabilar e recoñecer a realidade irrefutable de que esa maquillaxe só pode esconder O MAL.

E sobre todo lembrade que, no que a monstros se refire, quen se mete con un, métese con todos. Así que andádevos con moito ollo!

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: