Grandes… ENORMES! a miña selección de protagonistas do terror. Hoxe: Bela Lugosi



Haberá quen diga “Bela de primeiro?” e eu digo “pois si”. Hai alguén anterior e mellor -e non se me vai escapar- pero Bela ten un sitio nos nosos corazóns por pura xustiza. E o motivo máis obvio é o propio nome deste caderno, que sen Bela quedaría nun simple “eu xa ceei”. Pero non, el faino millor ca iso, el establece pautas. El leva unha capa que identificamos nun acto reflexo, sen pensar en que é só attrezzo, e el só un actor. Faino tan natural coma os impulsos máis básicos, a fame, a sede e o escapar da luz.
Respiramos a Drácula gracias a Lugosi. Bela fíxose o vampiro, a persoa, o actor e o vampiro outra vez, pero todo tan xunto e irremediable que era unha vela nunha mansión de sillares inmensos e escaleiras lúgubres que se desprazaban case trepando pola parede. E coa cera mesturábase sangue ó son da música harmoniosa dos fillos da noite.

Bela fíxose un icono do xénero, gracias en gran parte ó aceno e ó acento. Son algo moi difícil de transmitir os valores tan abstractos que crean a atmosfera do horror. Se Browning era o Poe do audiovisual, ben soubo sacarlle partido ó inmigrante cargado de sex-appeal que non sabía inglés. 

Posiblemente o maior defecto de que o acusan é de ser excesivo no xesto, de ser demasiado teatral no cine; pois será para gustos, a min Bela resúltame perfecto. O príncipe da escuridade, seductor e repulsivo, capaz de hipnotizar, con costumes exóticas, antigas e de orixe nobiliaria. Pero dicíanlle esaxerado. Non estou dacordo, non creo que poidamos entender millor ca el como debía moverse un ser que podía transformarse en millóns de ratas de ollos vermellos.

Se vos interesa podedes ler unha biografía moi curiosa sobre el, se a atopades -gracias, Álvaro, pola accesibilidade documental. Está escrita por Edgar Lander e publicada en Anagrama. Ten un ton amable, sen caer en cursiladas, e achéganos a iso no que se convertiu a sua vida, ese híbrido que sería tán fácil coma mentira etiquetar.
Se alguén aínda non se namorou del eu podo suxerir o remedio, velaquí a súa filmografía, aínda que o prudente sería comezar por Drácula. E se sodes insensibles eu xa non teño solución.
Para goce visual unhas imaxes míticas… Que só poño imaxes de Drácula? ui! nin me dera conta…

Fotos tiradas de paperblog.com, vadeultra.blogspot.com, aullidos.com, magiafantasma.blogspot.com, kekai.blogspot.com, micine-halbert.blogspot.com, tiempoderuinas.wordpress.com.

Advertisements

One comment

  1. >grazie mile por facernos a vida mais inteersante lendo este artigo riquiñisimo. os vampiros tamen sempre exerceron unha fascinacion morbosa sobre min.me encantasaude e republica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: