Unha boa serie de vampiros: True Blood


>

True Blood é do mellor que se pode ver agora, unha serie de 10. Está ben feita por todos lados moi estética, ben escrita, ben interpretada,… Xa remataron a 1ª tempada e no verán creo que estrean a 2ª, non podo esperar (aaaahhh!) pero que remedio queda, esperarei o que faga falta pero que a fagan -por Dios- ós pouquiños e quede polo menos tan ben como a primeira -nada de meterlles apuro non empecen a dexenerar igual que fixeron os de Heroes.

Para os que aínda non viran True Blood (recomendado: a partir de aquí non sigades lendo se queredes vela sen información previa) a prota é Sookie Stackhause -interpretada por Anna Paquin- que ten poderes telepáticos e non é vampira. A serie está ambientada en Nova Orleans -como debe ser- e ten moitas aportacións interesantes. Coméntovos, os vampiros existen e isto é coñecido por todos -que non respetado- e incluso teñen algunhas leis que os intentan protexer da discriminación. Isto nun primeiro momento pode lembrar ós mutantes da Marvel -pola intolerancia, non pola lei- pero nada que ver, en True Blood vese moi claramente a fractura social que supón a división de opinións en canto á aceptación da “diversidade” social. Tamén teñen presencia as prácticas de vudú e abre as cuestións do conflito da convivencia: vampiros depredadores e vampiros integrados, humanos tolerantes e outros que queren ser vampiros, tamén están os que os asasinan para traficar co seu sangue de efecto sicotrópico. O nome da serie é o dunha bebida sustitutiva do sangue que se comercializa para que os vampiros teñan “alimento” sen necesidade de matar, eu non a probei pero creo que non está moi rica, e hai que quentala no micro. Déixovos un par de anuncios dela.
Poño aquí os créditos porque son moi chulos.
e para os que se atrevan… O primeiro capítulo:
(acéptanse comentarios de agradecemento por descubrirvos unha serie tan boa)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: