Remata a terceira de True Blood


AVISO DE SPOILER: Non ler se inda non se viu a serie ata o penúltimo capítulo da terceira.
Estou moi contenta con esta seriaza, do milloriño que se pode ver xunto con Being Human. Os libros non os sigo así que non podo cotexar, só lin o primeiro (Muerto hasta el anochecer, de Charlaine Harris) que, aínda que aporta algún matiz que na serie non se ve, é unha literatura bastante maliña -conste que esixo moito nese sentido- e non penso perder o tempo léndoa, a serie está a anos luz de calidade.
Xa na segunda a presencia de Maryann, a Ménade, daba moito xogo pero eclipsaba un pouco ó resto.
pero chega a terceira e trae a cada creepy character…
Russell EdgingtonFranklin Mott, bufffff, mimadriña con este último!!!!
despois tamén están os lobisomes, aínda que eu non son demasiado fan.
por outra banda aparece a Cat People! moi boa esa que meteron!
e tamén se aumenta o protagonismo de moitos personaxes, como a trama en torno a Eric -e a Pam tamén nola mostran millor-, os cambiaformas, seguimos coa pobre Tara -que non gana para disgustos…
e Jessica e Arlene forzadas a traballar xuntas, parece que non acaban de encaixar
a skinny está pasándoo realmente mal con este tema do “aborto ou non” e Terry é tan riquiño -e a culpa é tan libre e poderosa-pero o meniño é do oitro e xa se sabe “once evil, always evil” pero despois está esa compañeira nova do Merlottes rollo naturista-siniestra…
ponse moi interesante o modo no que cada vez aparecen máis tipos de poderes, maxia mito e relixión, fadas… e xa veremos en que se revela o tándem Lafayette-Jesús/Jaguar (vaia malas viaxes que se pegan estes dous)
non me diredes que os finais de capítulo non son cada vez máis especialmente escuros e dramáticos, estame gustando moito este tinte que lle dan á serie
e estou particularmente satisfeita de que comece a facer augas a relación entre o Bill Compton e a Sookie. a ver, Eric Northman (Uau!) ou o vampiro rayado e conservador… (quen dubida?)
e Pam sempre xenial “What?” “Blablavampireemergencybla” adóroa!! con ela vos deixo…
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: