O protagonista infinito -quen dixo mil caras?- do terror LON CHANEY


Pode que non vos soe tanto como debera o seu nome, ou que incluso vos sexa máis familiar co “Jr.” despois -o seu fillo acadou certa sona facendo de lobisome- pero non vos culpo. Non se lle fixo xustiza ó longo da historia, incomprensiblemente. Eu non podo falar del con desapego, Lon Chaney é insustituible, é o maior xenio da interpretación do horror de tódolos tempos. Non, en serio, ocórresevos alguén millor? adiante, suxerencias, por favor.
Toda a maquillaxe, calquera tipo de truco ou engano con tendencia ó deforme e o grotesco, o labor de Jack Pierce na Universal,… podemos afirmar que están en débeda con Lon Chaney. El non foi só o primeiro, senón o mellor. Lon Chaney é Durero.
Cando o poño tanto polas nubes non me refiro a que tivera un gran dominio do xesto e a mirada, non acabo de saber explicarllo a alguén que nunca o vira, a ver… Lon facíao TODO, a recreación -ou case que creación- dos personaxes era obra súa. Maquillaxe, arames, postizos, cirurxías e un dominio inaudito da expresión facial e o movemento corporal -o ser fillo de pais xordos influiu moito na súa capacidade expresiva.
Amigos e compañeiros, Tod Browning e Lon Chaney son exemplos clave da unión entre a vida e a obra, ata as últimas consecuencias. Os dous outsiders, pobres desgraciados e cun talento insoportable.
Non moita xente sabe que o primeiro filme sonoro de terror -o Drácula de Browning- ía ser protagonizado por Lon, pero morreu ós 47 anos e o papel deu voltas ata que quedou con el ese búlgaro de tan bo ver -Lugosi.
Neste mundo cruel, para aumento da melancolía, sempre nos queda algunha xoia imposible de recuperar, o paraíso que perdimos con Lon Chaney é esta peli de vampiros.
Falan dela neste enlace, por quen queira saber máis sobre o tema.
Igual non mostrei entusiasmo suficiente para dar conta do meu afecto real por Lon, é que estou acatarrada, suponse. Pero o certo é que tamén podería ser gripe española, e non querría irme sen deixarvos constancia do meu profundo amor devoto por Lon Chaney.
Déixovos este video  para que o miredes, está moi ben feito, mostra anacos dos seus papeis. Facédeme o favor de miralo.
Imaxes tiradas de: thewhiteduke.blogspot.com, rubberroom101.com (esta páxina está moi interesante se vos interesa a maquillaxe no cine), moviefanfare.com, elglamourdemargo.blogspot.com, longforgottenhauntedmansion.blogspot.com, cinefania.com.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: