Milagre! milagre!


Os milagres existen, e tanto que si. Chegan cando parece que todo vai mal, que xa nin os esperabas, que só podías recorrer á nostalxia da súa ausencia. Aparecen, relampagueando e apagando luces, soplando velas e batendo fiestras, movendo cortinas e chirriando madeiras. E o milagre que renace da cinza que algún acólito roubou e conxurou verquendo o seu sangue fiel en terrasagrada, o que surxe ante nós coma un deus antigo en forma de produtora, ese milagre ten un nome propio: Hammer Films (non minto, non bromearía nunca con algo así. Podedes comprobalo aquí). Volve coa Hammer Ingrid Pitt…


que nos deixou a inolvidable Condesa Drácula, filme que versiona a vida dunha noble sanguenta e de orixe húngara, Elizabeth Bathori, que tomaba baños de sangue de mozas como método anti-age

Novas incorporacións serán o Daniel Radcliffe -o actor que fixo de Harry Potter-, que estreará The woman in black para o 2011.

Pero non teremos que esperar tanto para o reencontro xa que para o mes está prevista a estrea de Let me in, remake da cinta sueca que coñecemos como Déjame entrar (Let the Right One In, 2008), dirixida por Tomas Alfredson e baseada no libro de John Ajvide Lindqvist, podedes ler online o primeiro capítulo aquí. Non deixedes de miralo porque promete. Da peli dicirvos que eu quedei encantada dela, do milloriño que se pode ver hoxe, de terror e con respeto ó xénero.


Se mirades un adianto do remake da Hammer veredes que ten unha calidade brutal, non nos esperan pelis de serie Z, a Hammer volve pola porta grande, coma unha gran señora.
Déixovos trailers para que comparedes, se non víchedes a sueca eu case vos recomendaba que a vísedes primeiro.
sueca e británica

E non o estaba obviando, non, deixábao para o final. Si, Christopher Lee volve, por suposto. Antes de que acabe o ano poderemos velo en The Resident con Hilary Swank. E mirádeo que contento está, como o celebra…


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: