Cazadores, monstros, clásicos… mix it all!!


Seguindo coa cuestión dos clásicos e monstros, desta vou prestarlles atención ós vampiros. Debía estar especialmente emocionada pero non, porque aínda non lin ningún dos libros que vos vou mostrar pero hai algún ó que xa se lle ve a pinta perralleira, que realmente non me parece que poida estar á altura dos customizados con zombis, por iso me dá algo de baixón. Outra vez os vampiros de capa caída (jeje, chiste triste, xa me din conta). Al ajo… (jejeje, fíxeno outra vez)
Empezamos forte, Little Vampire Women, de Lynn Messina con Louisa May Alcott. Teñen un punto, non?
Coma sempre, haberá que esperar a que se traia e traduza -eu aviso cando me entere, editorial e o que faga falta, para servir estamos- salvo indicación TODO o que poño está escrito en inglés e sen tradución.
Pois vese que as mulleriñas causan sensación e teñen outra reescrita ademais desta, pero non é de vampiros senón de lobisomes, que se ve que daquela non debía haber tanta moda da depilación masculina.
Están reescritas con Porter Grand e chámanse Little Women and Werewolves.  E invítovos a que visitedes este blog moi interesante, sobre todo a comparación que fai entre lobisomes e homosexuais. Fala da forma na que se ocultan na sociedade disimulando os seus enfermizos apetitos pola carne, tanto os lobishomes coma o colectivo LGBT. O dito, pinchade aquí.
Romeo & Juliet & Vampires, escrito por Shakespeare con Claudia Gabel. Otra historia de amorrrrr (agh!), serei prexuizosa pero xa me está dando que isto non ten moito que ver con Lazarillo Z, por poñer un exemplo… Que mira que ten tirón o tema vampiro, pero vagas por páxinas e páxinas, e o tipo de producto e de público que atopas é taaaaaan diferente. Somos irreconciliables, C’est la Vie!
De todos modos, se me cae nas mans, ou se o teño que coller incluso dunha estantería alta, botareille un ollo e lle darei a oportunidade da proba dos cinco minutos.
E un inciso pequeniño, xa sei que non é de terror nin nada parecido, pero dentro de nada estrean unha nova versión do R-J de Shakespeare, en forma de animación moi gamberra, Gnomeo and Juliet. Podédeslle botar un ollo ó trailer aquí, ten certa gracia.

Seguindo co autor das paixóns humanas temos Shakespeare Undead, coa autoría de Lori Handeland, que nos conta as súas aventuras e peripecias de dramaturgo nigromante namorado. Será pola ilustración pero a min este prométeme.

A voltas con Jane Austen, outra vez, porque se se fala da vida do William como deixala a ela de lado? Neste libriño plantéxasenos o what if…? se a autora seguise viva e fose vampira, mmmm,…interesante… Chámase Jane Bites Back e o escribe Michael Thomas Ford.

Con Emma, da Austen, pasa coma cas Little Women, téñolle -a día de hoxe- fichadas duas versión: lobis e vampiros, que son Emma and the werewolves coescrito con Adam Rann e Emma and the vampires, con Wayne Josephson. 

 

De Emma and the vampires poño duas edicións que atopei, preciosa a amarela…

E podedes ler o primeiro capítulo en inglés here

 

 Xa falamos antes de Orgullo y Prejuicio y Zombies, en Umbriel, pois tamén temos outros monstruíños, para máis concretar, acuáticos.

Sentido y sensibilidad y monstruos marinos. por Jane -as estas alturas xa é inevitable a familiaridade- e Ben H. Winters, publicada por Umbriel, no mesmo tipo de edición ca a anterior. tamén ilustrada. Está dispoñible unha demo en .pdf para que miredes os dibus e vos animedes a mercalo aquí e hai tamén un trailer do libro, xa dan unhas ganas de pillalo… eu téñoo aí esperando, cando o lea xa vos comentarei.

Vai outra, Mansfield Park and Mummies, de Austen xunto con Vera Nazarian.
Do total de seis novelas que existen da Austen, vin reversionadas catro, xusto as duas que faltan son póstuma -na teoría, sempre que consideremos que Jane está realmente finada- que son A abadía de Northanger e Persuasión, as duas publicadas no 1818. Pero isto non significa nin por asomo que aquí remate o asunto, temos os spin offs, ou que pensabades? imos con eles


Mr. Darcy, Vampire, escrito por Amanda Grange. Continuación da historia cun tono escuro e que tedes dispoñible con estas duas portadas. Tráiler aquí.

Doutra banda temos a Regina Jeffers que, como podedes ver aquí, colleulle gusto a isto de darlle voltas unha e outra vez á mesma historia, Orgullo e Prexuízo. Que si agora a imos ver desde o punto de vista de Darcy, que se cando casan hai un misterio na casa e agora case que imos facer que Darcy sexa un vampiro, a ver que tal. E sae isto, Vampire Darcy’s Desire.
Vale, igual vos pensades que isto é o mesmo lixo ca os outros pero eu… non mo regaledes, vale?

A partir de aquí unha cortina metálica ruidosa ggrrrhhhhhhhiiiiiiiiiiiiii!!!!!

Sen despegarnos de todo da Austen, sigamos.
Para falarvos dunha peli que vai rodarse o millor que podo facer é citarvos algo que lin en zonanegativa.com:
INTERIOR DÍA. Lujosa habitación de mansión londinense. Elton John se despierta por la mañana. 
Acto seguido, y cuando su fiel mayordomo iba a sugerirle una obra de caridad, él mismo se respondió.
 -¡Ya sé! ¡Haré una película sobre Predator, pero ambientada en la novela Orgullo y Prejuicio de Jane Austen. ¿No es una idea excelente? -dijo satisfecho de su propio genio.”
 

Pois si, Pride and Predator, incluíndo monstros chulis coma o mitiquísimo Depredador (John McTiernan, 1987) que  coñecimos con Schwartzenegger e que anos máis tarde volveu con Alien Vs Predator (Paul W. S. Anderson, 2004, autor á súa vez da saga Resident Evil, que están botando agora a 4ª nos cines en 3D, moi recomendable pero que xa falarei dela outro día que se alonga moooito este paréntese). Por certo que as fotos son  especulación, o único que parece seguro é que a dirixirá William Felix Clark.
Non me confundades a peli co libro escrito por Sally Wright, que, a pesar de ser homónimo, non lle serve de inspiración. Neste  o protagonista sospeita de que alguén matou a un fulano poñéndolle abellas no capacho do picnic coñecendo a súa alerxia. Vamos, que nada que ver.
De biografías de políticos tamén se están a facer cousiñas, a ver se vai ser que os de agora están a  loitar con monstros e nos falando de folga xeral, ainssss. O coautor de Orgullo y prejuicio y zombies, Seth Grahame-Smith tráenos un libro Abraham Lincoln, vampire hunter. Pois si, a min tamén me gusta. E estase pensando xa na peli. Algo mirei de que ían empezar a rodar este inverno, dirixe Timur Bekmambetov. 
 
Outra individua con certas dotes de mando, a Raíña Victoria.
“She loved her country. She hated Demons”
Así nos introducen Queen Victoria: Demon Hunter. Escrito por A. E. Moorat. 

tal para cual…
…marajota e media

xa que estamos ca monarquía a voltas, cazaría a Raíña Victoria a Enrique VIII se tivese ocasión?

Henry VIII: Wolfman, de A. E. Moorat.

Tudores por aquí y por allá,… Nun intento de darlle unha merecida vinganza a Ana Bolena, Cinsearae Santiago escribe un libro no que dá un xiro á historia transformándoa en vampira, chámase “BOLEYN-Tudor Vampire“. Nalgunha entrevista que lle lin á autora ela móstrase bastante allea á cuestión dos clásicos e monstros, así que tomémolo como iso. Se queredes visitar algo do que fai esta é a súa páxina oficial.
 

Máis cazadores:  Jane Slayre: Vampire Hunter, gracias á colaboración de Charlotte Brontë con Sherri Browning Erwin temos a historia desta pobre orfa acollida pola súa tía con tres fillos, que son vampiros, e que vai a unha escola de zombis e… non spoileo máis.


Aguantade un pouquiño que xa estamos acabando.

Outro título brontëliano e con vampiros -desta volta da irmá Emily- é Wuthering Bites, escrito por Sarah Gray.

Que dicir? esto… que se parece no deseño da portada demasiado a toda esta porcallada tocha de crepusculadas e demáis. Este tampouco mo enviedes para expresarme o voso amor incondicional, dacordo?

E xa para rematar, esta peli besta, que mola moito, bizarrada de culto de alá o 2001, dirixida por Lee Gordon Demarbre, de Odessa Filmworks,
Jesus Christ Vampire Hunter.
aquí vos deixo esta dulzaina para que disfrutedes

Imaxes tiradas de: gacetadelocio.blogspot.com, librarianslifeinbooks.blogspot.com, mundiemoms.blogspot.com, qwillery.blogspot.com, fremontlibraries.wordpress.com, buyzombie.com, edicionesuranomexico.com, elcuriosocaseron.blogspot.com, literallybooked.blogspot.com, fantasticfiction.co.uk, themaidenscourt.blogspot.com,wikipedia.org.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: