Penny Dreadful ou o encanto do século dezanove


Penny_Dreadfuls7

Penny dreadful sumouse a ese carro de producións que meten na cocteleira bechos clásicos e os axitan a ver que sae. Estou empezando a cansarme deste tipo de obras que, polo xeral, creatividade teñen máis ben pouca. Que se aquí meto un vampiro, aquí un licántropo, agora póñoos a foder e algo de desamor, en fin… Tampouco é ese o caso que tratamos, dentro das posibilidades Penny aínda ten cousas de proveito: acerta ao meter o Grand Guignolquedoulles moi ben o personaxe de Dorian Gray, saben como usar a presenza das arañas pero, sobre todo, sobre sobre todo, Vannesa Ives, exquisita. Ao meu parecer é ela quen tira para adiante de toda a serie, maldita e grande Eva Green por sempre xamais.

Creo que é de visionado obrigatorio para quen lle guste a novela gótica, xa que ten referencias para aburrir: Dracula, Frankenstein, Jeckyll e Hyde, a Pantasma da Ópera, Jack o Destripador, lendas sobre o Antigo Exipto, tarot, espiritismo, licantropía, Dorian Gray, … non sei se me esquezo de algo (podedes facer suxerencias).

Agora só queda esperar pola segunda tempada e ver se o resultado é millor ca o da primeira porque, aínda que visualmente é moi efectiva, había momentos nos que coxeaba, non estou moi segura de se pola estrutura ou a cadencia. E os diálogos si que me paraceron en varias ocasións un punto bastante frouxo, caendo en tópicos e cursilerías. Especialmente cansino Calibán cando fala. Pero logo aparecía Eva e enchía todo con esa presenza súa irresistible.

Imaxe tirada de: blog.penny-dreadful.com/penny-dreadful/

E para fedellar un bo anaco na páxina oficial tedes cousas como os lugares da acción nun mapa de Londres da época, poemas de Byron recitados polos actores, fotos, videos e moito máis.

Advertisements

2 comentarios

  1. a min tampouco me gustou nadiña!!!

    1. buenooo, eu non dixen que non me gustara eh! Si que é certo que esperaba máis, iso é o que conseguen cando andan a promocionar as series moito antes de estrealas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: