Museos do horror: Lara


Tiña pensado escribir sobre un peculiar museo que descubrín hai pouco pero, como Hannibal me ocupa o pensamento, pasóuseme por alto ata que onte, na presentación de Tebras na Alma, saiu nunha conversa.

Pois ben, o lugar do que quero falar é o Museo Lara, en Ronda (Málaga), abrigádevos ben para subir ao alto, porque vai un frío… Está situado na Casa Palacio de los Condes de las Conquistas, do s.XVIII e reune unha fascinante colección persoal (a de Juan Antonio Lara Jurado) que vai desde carruaxes, armas antigas, cinematógrafos, etc. a unha parte centrada en instrumentos da Inquisición e outra de bruxería. Ambas moi interesantes.

Aínda que o museo deixa que desexar en cuestións divulgativas (cartelas ausentes ou incompletas, ausencia dun catálogo á venda) faise moi interesante o percorrido. Na parte da Inquisición poden verse réplicas da guillotina, a dama de ferro, o garrote vil e moitas outras.

http://
Esta foto de Museo Lara es cortesía de TripAdvisor

E na sección de bruxería pode facerse un ilustrativo estudo sobre os diferentes tipos de velenos, as súas orixes e usos.

http://
Esta foto de Museo Lara es cortesía de TripAdvisor

 

Tamén diferentes seres demoníacos ou embruxados coas súas lendas. Gustoume moito a serea embalsamada ou o “sapo Sergio” do que podedes ver unha foto nesta páxina. Tamén había textos nos que se explicaba que as bruxas estaban entregadas carnalmente ao Maligno e que gozaban (malditas!) dos seus encontros con el, ademais de disfrutar elas mesmas con diversos artiluxios como pode ser unha máquina de fiar lixeiramente adaptada para outra fin.

 

http://
This photo of Museo Lara is courtesy of TripAdvisor

É que ás bruxas imaxinación non lles faltaba e dereito a decidir sobre o seu propio corpo tampouco.  Que nostalxia…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: