E apareceu Contos no nicho


Algúns de vos xa sabiades que levabamos un tempo preparando un libro de relatos de diferentes autores,  todos eles acompañados dunha ilustración e centrados no xénero de horror. A idea era facer unha homenaxe ás historietas de Tales from the Crypt (e similares) e o resultado foi óptimo.  O equipo de traballo foi un total de 23 persoas e a miña tarefa foi a de seleccionar e coordinar, para o que contei coa gran axuda de José María Picón (autor do logo deste blog, portadista de Contos Estraños Pulp números 0 e 4, etc. etc.), que se ocupou de coordinar o traballo gráfico, levar a cabo a maquetación e deseñar a xenial portada que aquí vedes.

portada picon nicho

Tivemos a gran fortuna de contar cunha editorial como Urco, especializada en fantasía e absolutamente afín ao produto que lle presentabamos, e fixemos a presentación oficial do libro o pasado sábado 30 de novembro no Culturgal. Por cortesía de Redelibros podemos vela pinchando aquí e ver a ficha do libro aquí.

Como personaxe que presenta as historias aparece A Enterradora, debuxada horriblemente ben por Segismundo Rey. E os dez relatos que podedes ler no libro son, por esta orde:

Chámome Jim, escrito por Ariel Martínez e ilustrado por Faks.

Na balanza, escrito por Fernando Pérez Barral e ilustrado por Victor Carro Tojo.

Sombras de morte, escrito por Xosé Duncan e ilustrado por Salvador Aneiros (portadista do Contos Estraños Pulp nº6).

No solpor, escrito por Manuel Ángel Gayoso e ilustrado por Alex Delgado. 

Apocalipse 3.2, escrito por Roberto A. Rodrigues e ilustrado por Jara Zambrano (portadista do nº 5 de Contos Estraños Pulp).

Deus… dáme paciencia, escrito por David Botana e ilustrado por Zalo Sanjurjo

A cova dos mouros, escrito por Santiago Bergantinhos e ilustrado por José Ángel Ares.

Caer, escrito por Fabián Plaza Miranda e ilustrado por Ivan Valladares.

A obra definitiva, escrito por Érica Couto e ilustrado por Minia Regos (autora da ilustración para o meu relato “Antía Dourado” publicado no Contos Estraños Pulp nº5).

E o derradeiro, pero non menos importante, Os monstros da néboa, escrito por Manuel Moledo e ilustrado por  Isaac Sucasas.

Aí quedades co texto da contracapa, esperamos que ardades en impíos desexos de lelo…

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas non hai moitos por este cemiterio. Hai toupas, arañas, vermes e algún corvo moi de vez en cando. Veñen gatos a pasear como se levasen recados dun mundo ao outro. E eu aquí, no medio dos dous, sen poder morrer nunca nin deixar esta profesión, non me quedou máis divertimento que chantaxear a cada autor dos aquí presentes para que me cedesen as súas historias e debuxos. Fan o que sexa para que lles espante a Morte un pouco máis… Ilusos, non saben que eu só boto terra enriba… Requiescat in pace e boa lectura!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: