Onde ata as estrelas morren


zombie title

Séculos que levaba con este filme pendente de ver e foi nun casual que a deron na galega. Falo de I walked with a zombie. Para quen non a coñeza, peli dirixida por Jacques Tourneur no 43, xusto un ano despois da Muller PanteraCat People.

Xunto con White Zombie formaron as orixes do cine de zombies -as duas co vudú- ata que Romero o retomou a finais dos 60.

zombielantern

I walked with a zombie encantoume, e non consigo no cine actual atopar obras que me entusiasmen con esa frescura e pureza, sempre vixentes, ben feitas. Será que agora os grandes estudios xa non fan o cine con aquel amor? ou será nostalxia expresionista? Minto, ás veces o cinema nórdico si que me trae certo aire fresco, e algunha peza oriental tamén, pero tan poucas… Será o que padezo un romanticismo irremediable? porque case todo o que se fai hoxe sábeme a comida feita no microondas.

No cine de terror clásico -vale que non sempre- degustas cada plano, as texturas e os tempos saben diferente, coma as filloas feitas con ovos da casa, pero co glamour do Hollywood das estrelas. Con todo ese talento humano no que case ninguén é americano, toda a xenialidade de Europa escapara a unha nova especie de París. Hoxe non vexo onde quedou esa herdanza. Producirán e farán caixa pero non sabe a nada. Só a baleiro.

zombie-carrefour

PAUL: That luminous water, it takes its gleam from millions of tiny dead bodies. The glitter of putrescence. There is no beauty here, only death and decay. 

BETSY: You can’t really believe that. 

PAUL: Everything good dies here. Even the stars.

zombie doll

O filme está repleto de dualidades, os dous irmáns, as dúas mulleres, as dúas relixións/as dúas medicinas, as dúas castes sociais e razas. As duas vidas e mortes, que non son o mesmo para todos (os escravos choran cos nacementos e celebran os enterros). O Ben e o Mal, vaia. E a dualidade xa sabemos o que pasa con ela, que ou se leva con harmonía e conciliación (cando pasa isto?¿) ou ben provoca conflito e hai que rompela con algunha sorte de catarse. Pero non quero adiantar nada.

“(…) shame and sorrow for the family…”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: