Mortos que regresan, The Walking Dead


Lembro que a primeira vez que vin os debuxos do comic de The Walking Dead non me gustaron e non quixen lelos.  E antes de que estrearan a serie en España, por internet estaban en todas partes falando dela, das súas marabillas e eu pensaba “vaia campaña de marketing abusiva que están a facer” porque eu vira Dead Set e encantárame e non cría que isto puidera superala.

Comecei a ver a 1ª tempada e non a podía coller por ningures, quería deixar de vela pero varias persoas me dixeron que seguira, que esperara, porque os comics eran moi moi bos. Eu aguantei, aferrándome a que era necesario estar documentada se o quería comentar logo, (era o máis “profesional”, así como vin Crepúsculo polo mesmo motivo).

Debo dicir que a miña opinión sobre a serie cambiou completamente e que a recomendo a todo o mundo. É unha experiencia moi interesante seguir tanto os comics como a serie (eu vou no tomo 16 dos comics e no capítulo 4 da 3ª tempada) porque aínda que a serie van moi atrás no relato da historia tómanse moitas licencias e iso é algo moi enriquecedor, adaptar unha obra non é algo que deba facerse con medo e aquí estano bordando.

Como non quero spoilear pero quero que vexades algo aí vai (pinchar) a historia de Hannah, o primeiro zombie que atopa Rick, aclaro que é unha montaxe que fixo alguén dos websodios que foron saíndo, obras do xenial Greg Nicotero.

Agora non sei seguro cando comecei a ler os comics pero iso non tivo volta atrás.  Walking Dead é moi grande. Non sei se repetilo. É boísima, imprescindible. Todo pasa nas súas páxinas, avanza e sorprende, aporta, mostra a grandeza e a miseria, mostra a condición humana tan dura como é.  Volvemos ó que é a base real do problema en caso de apocalipse zombie: a convivencia, igual que en 28 days later ou na mitiquérrima e romeriana Night of the Living DeadNon podo evitar poñerme existencialista e tirar de Sartre, que xa se adiantou a todo isto cando escribiu a obriña de teatro que en español se coñece como “A puerta cerrada” (e aviso spoiler):

“INÉS: No hay tortura física ¿Verdad? Y sin embargo estamos en el infierno. Y no ha de venir nadie. Nadie. Nos quedaremos hasta el fin solos y juntos ¿No es así? En suma, alguien falta aquí: el verdugo.”

“INÉS: Bueno, pues han hecho una reducción de personal. Eso es todo. Los mismos clientes se ocupan del servicio, como en los comedores de empresa.

ESTELLE: ¿Qué quiere usted decir?

INÉS: El verdugo es cada uno de nosotros para los otros dos. “

Pero bueno… alegría!! que nós non vivimos na obra de Sartre, nin temos zombies que nos persigan –aínda.  E se chegamos ata o verán do 2013 posiblemente poidamos ver á fin no cine a adaptación de Guerra Mundial Z, pero mentras déixovos con esta preciosidade…

Dawn of the Ted

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: