Poe tamén é para o verán


Nesta época de apatía fatídica obsérvannos desde cada recanto a calor, a sede, os affaires inesperados, o bochorno das tormentas e ducias de libros pendentes que -solemnes- agardan á marxe no andel mentras nos somerxemos nun declive de sustancias varias pegañentas e daninas. Nesta fusión de caída e fuxida cara adiante debemos parar, en pé, no centro da estancia, pecha-los ollos e percorre-lo seu espazo tóxico cos sentidos dos que aínda poidamos dispor. Respirar na suposta calma do noso bater tolo de miocardio e esnaquizar todo entendemento. Con Poe pasa algo parecido ó que pasa con Virginia Woolf, cando o les TODO cambia.

Aí van algunhas edicións bastante chulas que vos requeterecomendo: A primeira é de Zorro Rojo e só custa dez miserables euros polos que podedes tocar e arrecender as marabillosas páxinas escritas por Poe e con ilustracións do gran Luis Scafati, queixarédesvos…

Tamén pola mesma ridícula cantidade podedes mercar en Urco Editora a edición bilingüe galego-inglés do xenial poema “O corvo” con gravados de Gustave Dore.

E logo tedes en Oqo o  relato “Hop Frog” que escribiu xa contra os seus últimos días neste mundo, é unha especie de fantasía de vinganza que claramente ides ver todo o autobiográfica que é. As ilustracións son do gran Alberto Vázquez e cómpre destacar que van nunha liña á que non estaba tan afeita a velo, entre o vermello e o branco, pero sen faltar esa mancha negra imprescindible.

E para quen non o coñeza aínda tamén temos a dozura afrancesada de Benjamin Lacombe que publica en Edelvives o libro Los Cuentos Macabros.

E logo deste pequeno repaso, para quen lle tire máis o audiovisual tamén pode inclinarse por ver a John Cusack interpretando ó autor no filme “The Raven“. Eu aínda non a vin asi que non podo criticar, pero como sempre tiro para o clásico si que digo que o filme da Universal de 1935 con Lugosi e Karloff non me disgustou nada, trailer aquí. E senón tamén tedes a de Roger Corman do 1963, que nunca está de máis mirar un pouco para o gran Vincent Price, védea aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: