Horror a quen horror merece.


El horror están en todas partes: en los titulares de los periódicos, en la mirada vacía de los niños de la calle, en el campo de batalla, en nuestras ambiciones secretas, en nuestras pesadillas. Es parte de nuestra existencia. Debido a esta familiaridad, hemos aprendido a convivir con estas emociones, e incluso a disfrutarlas. Bienvenidos, esto es HORRORIS CAUSA.

Eu nunca -never- fun moito de escoita-la radio por iniciativa propia, en tendas ou transportes si, pero moi rara vez por poñela eu mesma, e neses casos só para escoitar radio clásica. Pero o certo é que internet, coa difusión dos podcasts, que podes escoitar seleccionando o que queres cando queres, foi algo que me achegou a certos materiais, dos que prescindira ata o momento. Dun deles namoreime tolamente, chámase HORRORIS CAUSA. Un podcast dedicado ó Horror e á Fantasía desde tódalas disciplinas artísticas. Un podcast mexicano de horror, unha delicia que se pode baixar en iTunes e logo escoitar polas noites cando o vento asubía e non hai ninguén aí. Como din nese anuncio da tele sobre alarmas, algo como “Tu casa es el único sitio donde tienes miedo porque sabes que si te pasa algo nadie te encontrará”. Pois ben, se tedes medo xa comezades con bo pé, apuntalade a vosa cama cunhas ducias de libros de Valdemar, Zorro RojoUrco ou Contos Estraños e logo deixade que os monstros vos protexan do peor deste mundo: o aburrimento e a falta de imaxinación e de emocións.

Os doutores Roberto Coria, Pablo Guisa e Antonio Camarillo -xunto cunha selecta escolla de especialistas que colaboran eventualmente- lévannos da man neste mundo marabilloso do macabro e o sinistro. A liña que seguen no programa é seria e lúdica a un tempo, cordial e ateigada de referencias a obras que forman parte da nosa memoria. Abunda a narración de experiencias e impresións coas que os amantes do terror nos sentimos moi identificados dentro da nosa monstruosidade, por iso quero que lle botedes un ollo ó listado de posts e lle deades ó PLAY no tema que máis vos guste e logo gocedes sen cancelas do seu platicar e do característico doce falar mexicano.

Por certo que a música que adoitan poñer de fondo durante as conversas de seguro que vos vai resultar familiar, desde o soundtrack do Drácula de Coppola composta polo xenial Wojciech Kilar, a inquietante musiquiña de Friday the 13th ou a melodía grandísima de 28 days later. Se recoñecedes algunha outra que se me escapou por aí  son todo oídos.

E agora déixovos que diseccionedes con gran entusiasmo este fétido e pútrido cadáver.

Advertisements

One comment

  1. Que ben! Gracias pola recomendación! Por certo, encántame o nome do teu blog! Aínda que teño que admitir que a miña cita favorita do Dracula de Browning/ Lugosi é aquela de “To die, to be really dead, that must be glorious!”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: