O horror Báthory


Se Erzsébeth Báthory fose un personaxe literario de ficción sen dúbida algunha figuraría entre os máis grandes iconos da galería do terror, que por algo lle chaman a Condesa Drácula. Pero o caso é que non o é, a Condesa existiu, é un deses casos nos que a realidade atroz supera a calquera enrevesada historia recreada pola tradición oral e alimentada coa creatividade popular.

O preciosmo e detalle co que está bañada toda a súa historia -e digo historia por evitar palabras como mito, lenda, relato– parece máis adecuado a un entorno fictício e fantástico. Báthory desenvolve unha vida-proceso creativo a modo de nobre sádica que camiña entre a novela gótica e as cruentas escenas da mitoloxía grega.

Á marxe do horror de que Bathóry tivese existido e fosen reais as súas accións e as súas máis de 600 vítimas, a súa figura esperta un especial interese no ámbito da estética do macabro. A Hammer produciu unha das súas mellores pezas baseándose nela para o film (foto) Countess Dracula -do que xa falei algunha vez-, coa inolvidable Ingrid Pitt no papel protagonista (marabillosa, soberbia!!).

Na peli só se aprecian a frialdade e crueldade no trato que ofrecía a Condesa anciá e logo o que viría sendo a súa obsesiva e case imparable procura de beleza e mocidade eternas. Doutra banda temos na editorial Zorro Rojo un libriño precioso co nome “La Condesa Sangrienta”, escrito pola mesmísima Alejandra Pizarnik e ilustrado recentemente por Santiago Caruso. O texto en si mesmo non é nin un relato baseado no personaxe, nin unha biografía resumida, senón máis ben un artigo no que se reflexiona sobre certos aspectos das súas prácticas. Non quero adiantar nada porque paga moito a pena lelo, mercalo, regalalo a alguén querido…

As ilustracións de Caruso van disfrutalas moito as persoas ás que lles guste a arte do XIX -coma unha servidora. Así que entrade na súa páxina sen demora.

E xa cando pensaba que o post estaba rematado entro unha tarde -escura e de media chuvia- nunha archicoñecida librería de vello e me atopo cun libriño que tiven que levar: “Ella, Drácula. Erzsébeth Bathóry” de Javier García Sánchez en Planeta. E como sei que non o vou ler de inmediato, vai quedar aí a un lado para seguir falando da nosa condesa máis sanguinaria cando o remate de ler, algún día nun futuro máis próximo ó 2013 cá ó 2012.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: