O raro continúa, séguenos ben de preto…


O que tal pasa, vaia vaia… que non sei se é a crise, a calor,… os transxénicos… bueno… que “raro” xa queda corto. Falei no post anterior a este de acontecementos estraños dos que fun misteriosamente informada. Pois o tema é máis grande do que me pareceu nun principio, nas imaxes que vos poño vedes que hai bastante xente e o que fan está claro que é algún tipo de ritual místico, non se agochan e non parece que lles moleste en absoluto que os graven ou fotografíen, supoño que lles interesará captar neófitos neste tipo de “asociación”?¿

This slideshow requires JavaScript.

Os feitos parece ser que aconteceron a noite de San Xoan, xa de por si unha data cunha especial relevancia a nivel ritual. Que buscaban? Farán efecto? Repetirán? Haberá que andar con ollo -ou incluso allo, eu é que son precavida- e unha boa manchea de sal no peto cando camiñemos por Compostela estes días. Estarán outras cidades baixo o punto de mira desta… “organización”? A Coruña, Vigo, ou incluso outras máis pequenas, tedes algún dato de sucesos similares? Compostela ten por suposto un gran significado relixioso, pero tamén Fisterra, San Andrés de Teixido,…

Déixovos o video inquietante, e veredes que hai outros similares…

A verdade é que non sei porque demo estou tan tranquila despois de ver isto e que me mandaran o email,… unha estraña paranoia de que o mal non me fará nada porque xa son parte del supoño… mira que é raro crer en deidades escuras… Bueno, e vos que? Fiádesvos máis dos vosos deuses ca dos que seguen estes individuos de negro?

Advertisements

5 comentarios

  1. Iso ten que ser Marketing de Guerrilla para unha peli… (aquí cada un a consolarse co que coñece ou no que cree)

  2. Unha cousiña máis… a min non me queda á man… pero o próximo que os vexa ademáis de facerlle fotos que lle pregunte!!! E que informe!! Que xa é mala leche poñer fotos e non contar nada!!

  3. Da moito “yuyu”

  4. O que vai coa espada semella un Nazgul! :o

  5. Rattlerattle · · Resposta

    Pues esta guay! Se ve un poco cutre pero podemos ir a la próxima! Cuándo vuelven a actuar? Podemos ir un grupo con otras togas y con caretas de otro color a dónde están ellos a ver cómo reaccionan xDD

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: