Cousas raras, raras, raras,…


Vale, non quero facer do blog un diván pero… esta ocasión si que o merece. Resulta que levo uns días algo raros -a xente coa que trato a diario ben o sabe- con moito insomnio e pesadelos. Ata aquí tampouco é nada excepcional, estamos de acordo. E hoxe recibo no email un correo un tanto inquietante (remitente: todossompardo@gmail.com, non o atopei por internet) no que me facía saber que algo “estraño” estaba a pasar en Compostela. A maiores daba un enlace de megaupload, así sen máis. Obviamente, alá fun descargar o que había e de alí a un pouco (sobre unha hora e media desde que recibira o correo) xa daba erro o enlace de megaupload, en plan “queimar despois de ler”, pois así. Menos mal que o baixara todo, que era unha chea.

O meu blog, como sabedes, non trata de sucesos paranormais, nin sectas, nin ese rollo máis propio de Iker Jiménez ou sucedáneos similares, senón do terror, pero que me manden isto é moi raro e quixera saber se alguén dos que me le está na allada, se foi unha broma ou que. Os arquivos son unha chea deles -parabéns a quen o fixo, se foi unha broma foi moi currada-, aínda non os dei mirado todos detidamente. Algunhas das fotos foron tomadas no Obradoiro, que digo eu, alí están os acampados, sería algunha actividade destas culturais que fan? coma as carreiras de camellos? sabedes algo disto? Vese que hai bastante xente. Tamén pode ser que se tomaran antes da acampada, mais no mail dicía “están a pasar” …

En fin, que non é que me preocupe -demasiado, polo de agora- pero tampouco me deixa indiferente… haberá que seguir sen durmir…

This slideshow requires JavaScript.

Dende ló… comentar non comentaredes pero pra mandarme movidas chungas…

Advertisements

One comment

  1. Me lo comentaron el otro día, qué movida!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: