Longa vida ó recluso de Providence


Regreso, como boa animala noctámbula, do meu cautiverio involuntario nas tebras para contarvos que é o que se move por alí, ou máis ben o que se move na miña cabeza escura. Hai uns días rematei de ler un libro que atopei no andel dunha biblioteca e gustoume moito. 

Deste homiño, Michel Houellebecq, non lera nada, aínda que xa nos coñeciamos de vista e me fixara na grafía do seu nome nos lombos de Anagrama. Pois así estivemos véndonos uns días, que se no autobús, na cama,… e non conto máis que tampouco quero ser indiscreta…

Paseino moi ben coa súa escrita -aguda, áxil, directa e moi intelixente. Nin que dicir ten que repetirei. Pero agora quero comentar só este libriño sobre o gran Lovecraft, o recluso de Providence. Editado por Siruela no 2006, H. P. Lovecraft. Contra el mundo, contra la vida,  mostroume aspectos que non coñecía sobre o autor -de aquí en adiante xa só me refiro así a Lovecraft, non a Houellebecq- tales como o esaxerado punto racista que tiña. Aparecen comentarios respecto a outras razas tirados da sua correspondencia que son arrepiantes, monstruosos. Pero son aversións que deixan ver a súa orixe na traumática e represora condición de WASP na que fora educado. É penoso que Lovecraft vivira así, penoso pero fértil, sen dúbida algunha. 

“Vestidos con ropas rígidas y un poco tristes, acostumbrados a refrenar la expresión de sus emociones y sus deseos, los protestantes puritanos de Nueva Inglaterra pueden olvidar en ocasiones su origen animal. Por eso Lovecraft aceptará su compañía, aunque a dosis moderadas. Su misma insignificancia le tranquiliza. Pero en presencia de los “negros”, se apodera de él una reacción nerviosa incontrolable. Su vitalidad, su aparente ausencia de complejos e inhibiciones le aterrorizan y le repugnan. Bailan en las calles, escuchan músicas rítmicas,… Hablan a gritos. Ríen en público. La vida parece divertirles; cosa bastante inquietante. Porque la vida es el mal.” (páx.110)

E con isto volvo á miña idea da independencia da obra do propio autor, que si que a inflúe, a xesta e a pare, pero que non a posúe, exactamente igual que a descendencia xenética que a xente se empeña en ter. E está a cuestión moral, os valores, cantas veces por ese motivo non acabas de mal humor con alguén e decides deixar de lelo? pois mal feito! 

“Todo e ben non hai quen” así que abonda con ser xenial nalgunha faceta, tampouco pode esixírselle a alguén que enriba sexa un templo de sabedoría e intelixencia emocional, un exemplo vital. Temos casos moi recentes por cortesía do señor John Galliano e os seus arranques de superioridade racial. 

É probable que moitos dos autores que máis nos fascinan teríannos sido inaguantables de coñecelos en persoa. Así que éranos millor tirar a conclusión de que a xente racista -ou con calquera outra tara hostil integrada na súa personalidade- e creativa fai moito ben dando ás á súa vea artística -para canalizar as frustracións por exemplo- e así dun lado non fan mal  e do outro déixannos -se a súa calidade está á altura- un bo legado.

“Nadie lo vio jamás enfurecerse; ni llorar, ni echarse a reír. Una vida reducida al mínimo: Todas sus fuerzas vivas se transfirieron a la literatura y a los sueños. Una vida ejemplar.” (páx.84)

Tamén fala Michel H. dos motivos para facer horror ou fantasía e non outra cousa, do efecto da obra de Lovecraft en quen a le,… inquietantemente interesante…

“Los escritos de HPL tienen un solo objetivo: llevar al lector a un estado de fascinación. Los únicos sentimientos humanos de los que quiere oír hablar son la maravilla y el pánico. Construye su universo sobre ellos. Está claro que se trata de una limitación, pero de una limitación consciente y deliberada. Y no hay auténtica creación sin cierta ceguera voluntaria.” (páx.50)

“Transformar las percepciones ordinarias de la vida en fuente inagotable de pesadillas: ése es el audaz desafío de cualquier escritor de literatura fantástica” (páx.63)

“Toda gran pasión, ya se trate de amor o de odio, termina produciendo una obra auténtica. Podemos lamentarlo, pero hay que reconocerlo: Lovecraft se sitúa más bien del lado del odio; del odio y del miedo. El universo, que intelectualmente él concibe como diferente, se vuelve estéticamente hostil. Su propio existencia, que podría haber sido tan sólo una serie de triviales desengaños, se convierte en una operación quirúrgica y una celebración invertida, especular.
Su obra de madurez siguió siendo fiel a la postración física de su juventud, transfigurándola. Ahí radica el secreto profundo del genio de Lovecraft, ahí nace el límpido manantial de su poesía: logró transformar su asco por la vida en una hostilidad activa” (páx.115). 

Agora ata aquí, pero volverei con máis. 



Imaxes tiradas de papelenblanco.com, lawebnobasta.blogspot.com e etsy.com.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: