Libros del Zorro Rojo e Poe


Houbo tempos anteriores, moito mellores nalgúns sentidos. Nostálxica, si, melancólica, tamén -se queredes-, e romántica, ausente e esquiva deste momento miserable pero nada decadente -xa que parece que imos a máis, sen saber ata onde ou cando ou canto- que nos tocou vivir. Se tivese un super poder, un don para escoller,… traía aquí de volta o século dezanove. Os relatos de terror e fantasía ocupando o lugar que merecen, marabillosamente ilustrados -preferiblemente en branco e negro. O XIX é a época estrela.
 

Pero non todo é “cualquier tiempo pasado fue mejor” agora temos un milagre editorial que se chama Libros del Zorro Rojo. O que está facendo esta xente é un traballo de culto. Teñen libros infantís e para adultos, publican autores clásicos e actuais, e dannos ilustracións de clásicos -como o grandísimo Harry Clarke- e ilustradores actuais realmente espectaculares -como é o caso de Alberto Vázquez. 

A escolla das obras, as traducións seleccionadas, as ilustracións, todo é brillante e minuciosamente coidado en Libros del Zorro Rojo, é a perdición dos fetichistas dos libros, a ourivería do papel. 

Podería facer un repaso ó cátalogo tan fascinante que teñen, pero case que vos deixo o enlace para que o miredes –infantil  e xuvenil/adultos– xa que está moi próximo o nadal e teñen tenda online… 

Como vedes teñen un bo repertorio do gran mestre do terror. Unha edición impresionante dos Cuentos de imaginación y misterio coa tradución de Julio Cortázar e as ilustracións orixinais de Harry Clarke. E vedes por aquí un par de exemplares ilustrados por Luis Scafati. 

O libro do ZR ó que quero facer referencia chámase Poe, está escrito por Jordi Sierra i Fabra e ilustrado por Alberto Vázquez (mirar aquí aquí). Viría sendo unha especie de biografía moi persoal e peculiar, conta -máis a través da sensación ca do propio relato da acción- o que foi a vida de Poe desde unha perspectiva moi próxima, vívida. Achéganos á crueldade do entorno, á frustración, pero tamén á persistencia e o valor, ó recoñecemento do propio talento e á loita pola súa liberdade creativa.
Poe é espléndido, seguindo lugares e cronoloxías da vida do poeta, deixando caer citas de obras no momento oportuno. As ilustracións de Vázquez son moi tenebrosas e inquietantes, co leit motiv do corvo-poeta atravesando toda clase de angustias. Todo o libro garda a esencia do que significa a obra de Edgar Allan Poe, e iso é algo que calquera amante da súa obra recoñece e agradece.

Se alguén non coñece a figura de Edgar Allan Poe antes de ler este libro -se é que iso é posible- quedará cautivado. E para quen lle teña un mínimo aprecio espertaralle unha empatía extrema, por momentos unha tensión no estómago e, polo menos no meu caso, unha eterna admiración e gratitude por facernos chegar a súa obra a pesar de todo o que tivo que soportar. Poe déixanos de testamento, ademáis da atmosfera opresora e voraz,  a mensaxe da que a supervivencia da obra está por enriba de todo. Unha sabia lección.

” (…) -Su vida acabará siendo una ruina -lamentó el editor-. Terminará borracho y en la calle, sin nada, solo.
Apretó los puños.
Demasiadas veces había tenido esa mismo pesadilla.
-Nadie va a hundirme, y menos yo mismo -le desafió.
-Reaccione, amigo mío, ¡reaccione! Es usted demasiado pesimista, inconforme, amargado, terco… El mundo no puede estar hecho a su medida; no pretenda cambiarlo en solitario, mediante unos poemas o unos cuentos. ¿Quién se cree que es?
-Edgar Allan Poe -dijo.
-¿Y ya está? -Le mostró su sorpresa abriendo las manos.

-Es todo cuanto tengo, señor White. Y es más de lo que cualquier ser humano pueda aspirar a poseer. (…)” 

Imaxes tiradas das páxinas de Libros del Zorro Rojo e de Alberto Vázquez.
Cita páxinas 56-57.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: