Introdución práctica ó zombismo, parte 2ª.


Non sei se alguén pensara no tema antes pero parece ser que esta febre de plagar clásicos con zombies e outros monstros tivo algo de orixe na cabeciña de Jason Rekulak, director editorial de Quirk Books.
A partir da vaga de infraccións creativas contra os copyrrrr (non penso escribir esa palabra maldita), sobre todo na música e o audiovisual, o homiño fixo -bombilla!- unha lista con clásicos da literatura que tiñan os dereitos de autor vencidos, e outra lista tamén con cousas que podía incluir neles, coma androides, ninjas, zombies,… Agora que abriu o contenedor de Pandora ó home non o deixan tranquilo os seus coñecidos suxeríndolle ideas para novas obras.
E se xa a Austen era un choiazo para calquera tipo de produción para isto resultaba ser materia prima de primeira. O que fixo aquí o amigo Jason foi ir tantear o asunto, resultou que había bastante conexión entre as bases dos temas e ambientes da Austen con toda a parafernalia sobrenatural.
Unha das autoras que reescribe a Austen, Amanda Grange, di que un día vendo -un gran clásico da nosa época- Buffy, cazavampiros pensou no ben que quedaría que fixeran un capítulo Buffy-Lizzy e Angel-Darcy.


E agora que xa sabedes que foi o que pasou nesta entrada só vou poñer reescritas de zombies, ós outros vounos mandar a outro post distinto, que senón nos liamos.


 E aquí comezou TODO…
“Es una verdad universalmente reconocida que un zombi con cerebro necesita más cerebros.” 
Se xa o léchedes non hai perda -inconfundible-, é Orgullo y prejuicio y zombies. Un clasíco da literatura inglesa coescrito por Jane Austen e Seth Grahame-Smith, bueno, vale, reescrito por este último…
Foi o primeiro e é grande, enorme, e brillante. Dicir desta boa peza (publicada por Umbriel) que o leades canto antes, detallista, rápido, sanguento, divertido,… e con ilustracións. Un imprescindible ó que vos engancharedes e que vos alegrará eses días tristes e monótonos que tedes normalmente. Podedes ler e mirar dibus neste enlace do primeiro capítulo.

A peli está como proxecto, a prota en principio será Natalie Portman e dirixirá David O. Russel (3 Reyes, I love Huckabees, pode quedar unha peli moi simpática con este tipo) e o guión disque vai ser do propio Seth Grahame-Smith.
Tamén está en camiño a adaptación para TV en seis capítulos da man de Deadline Productions e unha novela gráfica na que Tony Lee adaptará o texto e Cliff Richards se encargará da parte gráfica. Parece que está a ter éxito esta novela…
Resulta que nos saiu un capítulo acontecido catro anos antes da narración de Austen con Grahame-Smith. Tráenolo Steve Hockensmith e chámase Pride and Prejudice and Zombies. Dawn of the Dreadfuls. Mola a ilustración, eh!!

A obra máis representativa da picaresca foi unha gran mentira.
Lazarillo Z, matar zombis nunca fue pan comido conta como esta obra puido chegar a nós, por que chegou a versión falsa, quen era ese tal “anónimo” e por que o fixo, quen foi Lázaro e a que se dedicaba. Fai unha auténtica radiografía da historia de España, fai que encaixen aquelas pezas que quixeron facerse pasar por outra cousa. Se vos gustan as teorías da conspiración ou, simplemente, coñecer a verdade, xa estades tardando en lelo.
Editado en DeBolsillo. Autor: Lázaro González Pérez de Tormes.

Outro clásico español metido na allada, a lorquiana La casa de Bernarda Alba Zombi, que podedes descargar aquí.

Se Cátedra o publicou ou o vai facer está no aire, podedes estar ó tanto da cuestión neste blog,
Téñome que abster de comentalo porque eu non din atopado o libro e teño certos reparos -retrógrados se queredes- en imprimirme libros en .pdf.






O español máis universal -con permiso de Pocoyó– non era o que  pensabamos. Por fin nos ofrecen a verdadeira historia, da man de Házael G. e publicado por Edicións Dolmen. Quijote Z. E pensar que levan toda a vida mentíndonos e obrigándonos a estudiar algo que non foi así. Aquí pasa o mesmo ca no Lazarillo, que se fixo un esforzo por ocultar o que pasou, toda unha historia de las letras españolas plagada de mentiras, de ocultar grandes heroes baixo historias light para un público débil.
“Por primera vez en lengua castellana, se presenta en su forma íntegra y completa el texto conocido comúnmente como ‘Quijote Z’, tal y como el misterioso Házael G. González lo dejó compuesto, a lo cual se añade un relato de la aventura cervantina en Lepanto contra los zombificados, de autoría apócrifa, y pulido y adecuado al lenguaje de nuestros días por el profesor Gualberto G. Álvarez, catedrático de la asturiana Universidad de Cerredo y especialista en zombis y demás especies de no-muertos que ha habido a lo largo de la Historia.”
E, volvendo ó panorama internacional, algunhas peciñas…
Alice in Zombieland outro libriño que nos traen Lewis Carroll e Nickolas Cook.
“Can Alice escape Zombieland before the Dead Red Queen catches up to her? When little Alice falls asleep, she finds herself in an undead nightmare of rotting flesh and insanity. Following a talking rat, she ventures further into this land of zombies and monsters. There’s also something else troubling poor Alice: her skin is rotting and her hair is falling out. She’s cold and there’s the haunting feeling that if she remains in Zombieland any longer, she might never leave and forever be caught between life and death. Have a seat at the table for the Tea Party of your life and explore the wondrous adventure that is Zombieland.”

E máis colaboracións, Ryan C. Thomas con L. Frank Baum asinan The Undead World of Oz.
Cónstame que hai quen se puxo a reescribir en clave Z algún clásico e que xa estaba feito, así que se alguén o quere facer que se informe ben antes se non quere levar un pau. Tamén pode estar outra persoa facéndoo na casa ó mesmo tempo pero iso xa é algo que non se pode saber buscando en google, non?
E aínda non lle toca, pero xa comezou o outono, en fin, algo propio do Nadal escrito por Adam Roberts.
I Am Scrooge: A Zombie Story for Christmas
Pero que portada tan bonita que ten, dame moita pena que case non haxa nada disto traducido (refírome ó español, porque o día que unha editorial galega traduza algo…). A medida que me entere de que se vai publicando aquí xa aviso.
Máis nada, lembrarvos un dos comentarios da contraportada da Guía de supervivencia do grande Brooks
 “Un libro que empiezas a leer por diversión hasta que, al llegar a la página 50, sales a comprar un machete sólo para sentirte seguro.”
NEW YORK POST
Insisto en que o leades, cando pase o inevitable no meu escondite non hai sitio para ninguén máis que para min, aviso.
Imaxes tiradas de umbrieleditores.blogspot.com, qwillery.blogspot.com, dolmeneditorial.com, nekrofilmicos.wordpress.com, buyzombie.com, zombi-blogia.blogspot.com, jongreenunnaturalhistory.blogspot.com
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: