De misterios, zombis e remakes…


Alguén lembrará seguro esta serie, a min daquela fascinábame a idea de partida, unha tenda plagada de obxetos con poderes!!
serie que aquí se coñece como Misterio para 3 (pode verse algún capítulo en series yonkis).
Aí na foto tedes ós 3 do misterio, os dous mozuelos herdeiros dun tío que non coñeceron -e que resulta que lle daba á maxia negra que daba gusto- e mais o amigo do defunto, que se ve na obriga de poñelos sobre antecedentes e axudarlles na tarea de recupera-las pezas vendidas -porque o caso é que estaban todas malditas e esa non era a idea da xente ó mercalas para facer bonito. O que herdaron os rapaces -por se non quedou claro- é unha tenda de antigüedades con poderes e autonomía para facer mal. Por aquela época, afortunadamente, non existía ebay.
No primeiro capítulo aparece unha rapariga un tanto repelente -tamén é certo que con algo de causa- e maligna, que vén sendo Sarah Polley con oito anos, xa apuntaba maneiras a criatura… pinchade aquí para ve-la sintonía do comezo e un cacho da intervención da miniña, aínda que o millor está por chegar…
Dábaselle ben o noso xénero xa de pequena, non sei por que motivo Polley insiste en facer pelis con Coixet, espero que se lle pase. Eu prefiro vela en apuros en pelis coma Dawn of the Dead (Zack Snyder, 2004).
Si, esta peli da que falamos é un remake da de Romero, da que se coñece como Zombi (a que lle produciu Dario Argento despois de ver a humilde e mitiquísima Night of the Living Dead). A pesar de ser un remake -e é xusto dicir que non supera á orixinal- está moi á altura, podiamos dicir que é un remake máis ca digno, incluso fabuloso. Respeta o punto de partida -fundamental- e eu creo que está moi coidada en todos os aspectos, fixeron os cambios que lles pareceron oportunos e para adiante. Se coñecedes a obra de Romero, e sabedes a importancia dos títulos de crédito, aquí vos deixo o enlace dos títulos da nova.

Igual peco de entusiasta pero é que é de ben nacidos ser agradecidos cos remakes mais ou menos decentes. Hoxe zapeando -zapateando sería máis verídico- atopeime coa versión estadounidense da xaponesa Dark Water– de Hideo Nakata, autor da saga Ringu, si, a do pozo- esa que protagoniza Jennifer Connelly -pobriña, que ela non ten culpa que é moi boa actriz- e bueno, supoño que necesito que alguén me dea as claves para tolerar estas cintas yankis (e non me refiro a que me deades pastillas, a idea é velas esperta) porque o cine xaponés de terror é tan excepcional e insultantemente bo que me sinto aturdida co contraste.

Propúxenme vela, non por disfrutar, senón por ter a experiencia para poder comparar ca orixinal, pero tiven que parar, que unha coñece os seus límites e aquilo era insostible.
Fotos tiradas de theculto.blogspot.com, kindertrauma.com, cinevisiones.blogspot.com, blogdealimana.blogspot.com., zonafandom.com.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: