Introdución práctica ó zombismo, parte 1ª.


Hai unhas semanas acabei de ler Lazarillo Z. Matar zombis nunca fue pan comido e bufffffff, a ver por onde comezo…

Supoño que existe xente que non entende ou coñece todo este asunto Z (zombie) e que, independientemente de que queiran ou non, é a miña obriga moral ilustrar ás persoas ignorantes para que saiban a que lles vai caer.

Eu intentei ser sintética e recoller moito nesta entrada, pero é imposible, a plaga está moito máis extendida do que eu coñecía e vaime levar un tempo explicalo ben claro e preciso, así que decidín ir por partes.
Os zombis están en auxe, viñeron ocupar con moita frescura (toda a que poden, pobres) o oco que deixaron os vampiros no xénero do horror desde que gran parte das producións que se fan con estes monstros están collendo -cada vez máis e peor- un tinte ñoño, case ridículo.
O vampiro é un ser –por definición!- erótico e repulsivo á vez e o están volvendo “amoroso” e infantil ata un punto insostible (tede, por favor, en conta que estou facendo de tripas corazón e intentando ser diplomática e obxetiva con este tema cando en realidade me dan ganas de muerte, destrucción y desmembramiento).
Que digo eu que a burbulla esta edulcorada terá que romperlles nalgún momento porque empalaga moito. moito. E un dos exemplos máis recientes é Crepúsculo (The Twilight Saga) que vaia se se deron conta que non se atura que tiveron que botar man dos licántropos para facer contrapunto que senón a xente se aburre. pois predeciron ben (home! glitter vampires, nunca tan se viu!). Que digo eu: desde cando a xente se aburre dos vampiros? unhas das criaturas máis fascinantes que poden verse! canto mal fixo Coppola co seu mal chamado (que non maldito, que máis quixera) Drácula de Bram Stoker... (ainssss)
Breve, eh? pero intenso!! téño que deixalo aquí e sair de caza ó super. volverei con máis información pero, polo de agora, por puro amor a la humanidad, quero deixarvos de deberes para que vaiades lendo Zombi. Guía de supervivencia de Max Brooks, editado en España por Berenice. Un imprescindible que me agradeceredes algún día.


Advertisements

2 comentarios

  1. >gracias por ilustrar a ignorantes de mierda. eres riquiñérrima.

  2. >"… en realidade me dan ganas de muerte, destrucción y desmembramiento". Genial, no te cortes y dales caña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: