My favorite… toy


Ola a todos os meus seguidores, ós fantásticos 4 jeje (síntoo Pris pero son maioría rapaces, cando sexades máis rapazas chamareivos democraticamente seguidoras, si si). Hai que ver que público tan fiel que xa se apuntan na primeira entrada, no me lo merezco
Imos ó que temos que estar, que é ó terror. A idea en si que pretende tratar o blog dá voltas en torno ó terror, horror, o inquedante, o desequilibrante, maligno, apocalíptico, fantástico, onírico, siniestro, grotesco, mítico-sagrado, perverso, bifaz… así que non entendades que é rollito gore exclusivo porque non van por aí os tiros, para nada. E en canto ó soporte non quero só cine senón literatura, artes plásticas e todo o que teña cabida. Eu por querer quéroo todo.
Hoxe vouvos presentar un dos obxetos máis valiosos para min da cultura galega do grotesco, espero poder ir algún día velo en persoa, antes de que desapareza do noso patrimonio cultural. Non é La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (nome orixinal), o obxeto do que falo descubrino o ano pasado nun powerpoint que me mandaron por mail en torno ó feísmo por Galicia adiante e quedei irremediablemente prendada del cando o vin. É o marabilloso Desaugue siniestro
Impresionante, eh? a ver se atopades algo parecido que lle quite ó meu desaugue a categoría indiscutible de Objeto Gallego del Terror. Como non atopedes un hórreo en forma de morcego… Non podo evitar sentir unha gran curiosidade historiográfica polo artífice, os promotores, as circunstancias e o proceso de creación. E falo máis en serio do que pode parecer. Fascinante.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: