Category Outras historias

As zapatillas roxas


Imaxe tirada da wikipedia.org As zapatillas roxas é unha peli moi bonita. Ten momentos que resultan moi tráxicos e conmovedores e xoga a mesturar unha historia dentro doutra, contaminándose ambas e partindo do relato homónimo de Hans Christian Andersen. Para non contar de máis só direi que unha bailarina de ballet se ve nunha situación […]

Contos Estraños é para sempre


Que riquiña é a xente de Contos Estraños! Esta semana dedicáronme esta bonita postal e non collo no cacho. Se lles seguides o perfil do facebook podedes ver as foto-citas dos autores que xa saíron e as dos que sairán. E vendo estas imaxes non podo evitar pensar: “Ai, que mozos eramos! Mais agora sabemos […]

In the beginning there was death


Nunca vos pasou iso de pensar que nos fai falla máis dunha vida para poder ler e viaxar e facer todo o que non imos poder facer nesta por falta de tempo? Claro que si! Necesitamos varias vidas! A serie da BBC “Intruders” ten como argumento o que acontece cando unha elite de persoas coñece […]

Deste medo non comerás.


“I am the Dark Lord of nightmares, the bringer of terror… Tremble before me! Fear me!“ Gachnar Non só os políticos e as relixións se alimentan do noso medo, no mundo da fantasía temos unha manchea de seres que dependen del para sobrevivir ou, cando menos, para seguir atormentando. Imos aló: Na serie Heroes hai […]

Lizzie Borden


“Lizzie Borden took an axe gave her mother forty whacks when she saw what she had done gave her father forty one.“ (Lizzie Borden colleu unha machada deulle á súa nai corenta machadazos cando viu o que fixera deulle ao seu pai corenta e un.) Non era a súa nai, senón a muller coa que […]

Que xa están aquí!


Dentro de duas semaniñas haberá eleccións locais, e acordeime deste relato que escribín hai uns anos e gañou o certame literario de ames, podedes descargalo de balde aquí e botarlle un ollo. Titúlase “O alcalde e a morte” e está na páxina 55. Aínda me río nalgunha parte cando lle boto un ollo, espero que […]

Cambiamos de look


Quedou bonito, eh?? Pois este fermoso logo co que renovamos a apariencia da páxina é da autoría dun dos deseñadores gráficos máis majete e creativo de todo o mundo mundial, conocido como José María Picón. E podedes seguilo na súa páxina web pinchando aquí. Non sería raro que vos fose algo familiar ese nome porque […]

Horror a quen horror merece.


El horror están en todas partes: en los titulares de los periódicos, en la mirada vacía de los niños de la calle, en el campo de batalla, en nuestras ambiciones secretas, en nuestras pesadillas. Es parte de nuestra existencia. Debido a esta familiaridad, hemos aprendido a convivir con estas emociones, e incluso a disfrutarlas. Bienvenidos, esto […]

O horror Báthory


Se Erzsébeth Báthory fose un personaxe literario de ficción sen dúbida algunha figuraría entre os máis grandes iconos da galería do terror, que por algo lle chaman a Condesa Drácula. Pero o caso é que non o é, a Condesa existiu, é un deses casos nos que a realidade atroz supera a calquera enrevesada historia […]

Ide ó cine ver Intruders (védea antes de seguir lendo que spoileo).


a páxina oficial Luns á noite, escollo terceira fila centro e, palomitas e coca cola en man, eu soa en toda a sala do cine miro a última obra de Juan Carlos Fresnadillo. Xa lle tiña ganas. Lin -e non foi un acerto facelo antes de vela- un pequeno artigo no que citaban algúns dos […]

De Providence a Compostela


Co gallo da celebración do 75 Aniversario da Sociedade Lovecraft da Galiza hai convocado un evento no que se presentarán os volumes 2 e 3 da Biblioteca Lovecraft (Urco Editora). Será o venres 29 de xullo no local do Centro Social O Pichel, en Santa Clara nº21, Compostela. Non se garante o mantemento da cordura dos […]

O raro continúa, séguenos ben de preto…


O que tal pasa, vaia vaia… que non sei se é a crise, a calor,… os transxénicos… bueno… que “raro” xa queda corto. Falei no post anterior a este de acontecementos estraños dos que fun misteriosamente informada. Pois o tema é máis grande do que me pareceu nun principio, nas imaxes que vos poño vedes […]

Cousas raras, raras, raras,…


Vale, non quero facer do blog un diván pero… esta ocasión si que o merece. Resulta que levo uns días algo raros -a xente coa que trato a diario ben o sabe- con moito insomnio e pesadelos. Ata aquí tampouco é nada excepcional, estamos de acordo. E hoxe recibo no email un correo un tanto […]

Cazadores, monstros, clásicos… mix it all!!


Seguindo coa cuestión dos clásicos e monstros, desta vou prestarlles atención ós vampiros. Debía estar especialmente emocionada pero non, porque aínda non lin ningún dos libros que vos vou mostrar pero hai algún ó que xa se lle ve a pinta perralleira, que realmente non me parece que poida estar á altura dos customizados con […]

>2ª fornada de vilariño e ATENCIÓN: 1º concurso "never drink"


> non puiden resistirme e teño que colgalas, son tan …. (a ver quen me di unha soa palabra e que resuma o que son estas fotos, tedes un pequeno -pero bonito e siniestro- premio de regalo para a palabra que máis me guste) e buscando as imaxes tamén atopei esta dun esquelete (honremos a […]